Estímase a venda de, aproximadamente, 1.000 racións de ‘caldeirada’ e 800 de sardiña lañada
Cariño, 30 de xullo, 2025. O Concello de Cariño celebrará este sábado, 2 de agosto, unha das súas citas gastronómicas máis senlleiras: a XXII edición da Festa dá Caldeirada e da Sardiña Lañada, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Cultural O Peiral e a Asociación de Amigos de San Xiao de Trebo.
O evento terá lugar na Praza Roxa a partir das 13:30 horas, aínda que a venda de tickets comezará ás 13:00, media hora antes do inicio do servizo de pratos.
Para esta edición, espérase unha gran afluencia de público, coa previsión de servir 1.000 racións de caldeirada de raia e 800 racións de sardiña lañada, un produto típico de gran arraigamento no municipio. En total, encargáronse xa 500 quilos de raia e 200 ducias de sardiñas lañadas. Ademais, o resto dos ingredientes, como a carne, as verduras ou as patacas, serán adquiridos en comercios locais, reforzando así o compromiso co produto de proximidade.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, subliñou a importancia de “seguir apostando por la promoción de nuestras tradiciones y de la cocina local, a través de celebraciones como esta, donde productos como la sardina lañada cobran un protagonismo especial por su vínculo con nuestra identidad”. A rexedora tamén quixo reconñecer e agradecer “el esfuerzo y la implicación de las asociaciones O Peiral y Amigos de San Xiao de Trebo, cuya colaboración hace posible que esta fiesta siga creciendo cada año”.