Viveiro, 23 de xullo, 2025. Celeiro Fogar do Mar. É un libro dixital sobre a relación desta vila co mundo mariño. Con prólogo de Mariña Gueimunde e textos de Carlos Nuevo Cal, Vicente e Eduardo Míguez, Máximo Díaz, Jose Pino, Andrés Díaz Ferro, Fina Roca.
Recolle temas sobre a historia de Celeiro, a galerna de 1961, as conserveiras, as mulleres mariñeiras, barcos co nome do porto, a Cofradía, a conquista do Gran Sol…
Acompañados con debuxos de peixes e imaxes de case tódalas Casas de Celeiro de hai 50 anos.
O proxecto está coordinado, editado e ilustrado por Antonio Lage- Seara. Quen fará unha doazón dun Santiago de Pedra, para Celeiro. Un cariño ó patrón e ó Camiño do Mar. Coa colaboración do Concello de Viveiro.
Será lanzado en vésperas do Apóstol, o 25 de Xullo coincidindo coas festas parroquiais.
Enviado por Whastapp en cadea, poderase solicitar escribindo ó 650 48 58 60, descargable en Amazon Kindle.