O Goberno galego colabora con esta iniciativa no marco da campaña ‘Para gustos, cultura’ que programa máis de 3.400 actividades en máis de 200 concellos
Ribadeo, 10 de xullo de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe ao pregón de inicio da X edición do Ribadeo Indiano, onde destacou a importancia desta celebración “tan significativa a nivel cultural e social, que nos lembra unha parte moi relevante da nosa historia, os movementos migratorios, a partir dos que tamén se forxou a nosa identidade e o desenvolvemento da nosa sociedade”.
Neste senso, o representante da Xunta felicitou á organización polo traballo a prol desta festa, coa que colabora o Goberno galego un ano máis, puntualizou, “por esa posta en valor do legado que os emigrantes retornados deixaron na nosa terra a moi diferentes niveis, cultural, artístico e, neste caso especialmente, tamén no referente ao patrimonio arquitectónico tan característico da zona”.
Así, o responsable de Cultura do Goberno galego fixo referencia ao “entusiasmo e implicación” coa que se vive este “retorno ao pasado” por parte da veciñanza da localidade lucense e resaltou a homenaxe que este ano se lle fai a un dos indianos máis lembrados, Ramón González, coincidindo cos 100 anos da súa morte, “porque máis alá dos persoeiros máis coñecidos, tamén cómpre manter na memoria a figura desas outras persoas, xenerosas, polo que fixeron polo pobo e o seu desenvolvemento”.
Ademais, López Campos, lembrou que esta é unha das moitas iniciativas nas que se involucra o Goberno galego a través da campaña de verán Para gustos, cultura, que supera as 3.400 actividades estendidas por máis de 200 concellos de toda Galicia ata setembro. A este respecto, explicou que se trata dun programa que abrangue 40 tipoloxías de propostas diferentes “que van precisamente desde festas como esta de Ribadeo e grandes festivais de música, a outras accións como circuítos de danza, teatro, maxia ou circo, sendo unha programación diversa para todos os públicos e para todos os gustos”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



