Trabada, 31 de xullo de 2025. Trabada acolle o vindeiro venres 8 de agosto ás 19:00 horas unha actividade deportiva totalmente nova no municipio: unha carreira-andaina de orientación, organizada por Castropol Deporte coa colaboración do Concello de Trabada.
A proba terá lugar polo casco urbano de Trabada, con saída desde a Praza do Concello, e está pensada para todos os públicos, sen necesidade de ter experiencia previa. Trátase dunha actividade lúdica e deportiva que combina o exercicio físico coa orientación no espazo, e que pode facerse tanto correndo como camiñando, polo que é accesible para persoas de todas as idades.
Haberá dous tipos de percorridos, medio e longo, e poderase participar de forma individual, en parellas ou en grupos de ata 4 persoas. A inscrición está aberta ata o martes 5 de agosto, a través da web castropoldeporte.wordpress.com, cun custe de 6 € para persoas federadas e 8 € para non federadas. Os non federados deben cubrir o formulario dispoñible no enlace indicado no cartel.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “é a primeira vez que organizamos unha actividade deste tipo e facémolo con moita ilusión. Queremos seguir diversificando a oferta deportiva e de lecer no noso concello, ofrecendo propostas accesibles, atractivas e pensadas para todas as idades. Esta carreira-andaina é unha excelente oportunidade para practicar deporte ao aire libre e en familia, coñecendo mellor o noso entorno”.
O Concello de Trabada anima a toda a veciñanza e visitantes a inscribirse e participar desta iniciativa diferente e divertida, pensada para gozar da actividade física nunha contorna segura e participativa.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



