Viveiro, 26 de xullo de 2025. O Estadio Municipal de Cantarrana acolleu a presentación oficial do partido amistoso que enfrontará este sábado 26 de xullo ao Combinado da Mariña Lucense co Club Deportivo Lugo S.A.D., unha cita deportiva que aspira a converterse nunha auténtica festa do fútbol na comarca.
O acto contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o presidente do Viveiro Club de Fútbol, Luis del Río; e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, quen quixeron poñer en valor a colaboración entre institucións, o apoio ao deporte local e o potencial do turismo deportivo.
Durante a súa intervención, Pablo Prieto destacou que “desde a Federación Galega de Fútbol estamos moi contentos de presentar este partido entre un combinado da Mariña e o CD Lugo, nun campo tan emblemático como Cantarrana, e cunha aposta clara polo fútbol afeccionado e pola colaboración entre administracións”.
Pola súa banda, Luis del Río subliñou que este encontro é “un acto importante para a unión de toda A Mariña, agradecendo tamén a implicación da Xunta de Galicia, do Concello de Viveiro e do CD Lugo, coa vontade de que se poida repetir cada ano”.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde, puxo en valor “o compromiso de Viveiro co deporte e co fútbol, así como o papel do turismo deportivo como motor económico e social”. Ademais, agradeceu “o traballo conxunto da Federación, do Viveiro CF e da Xunta de Galicia, que fan posible este tipo de eventos”.
O partido disputarase o sábado 26 de xullo, ás 19:00 horas, no campo de Cantarrana. As entradas teñen un prezo único de 10 euros. O Combinado da Mariña estará dirixido por Pablo Rodríguez e Dani Aíron, mentres que o CD Lugo chega da man de Yago Iglesias.
A iniciativa está organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, co apoio da Xunta de Galicia e o Concello de Viveiro, e pretende non só ofrecer un espectáculo deportivo, senón tamén visibilizar o talento da comarca e reforzar os vínculos entre clubs e afección.





















A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



