Viveiro, 18 xullo de 2025. Este venres tivo lugar en Viveiro a clausura do curso de prevención de riscos laborais no sector forestal, centrado no manexo seguro da motoserra e a rozadoira, organizado pola Xunta de Galicia a través do ISSGA.
O curso desenvolveuse de mércores a venres e contou coa participación de traballadores e traballadoras da brigada de xardíns do Concello de Viveiro, dentro dunha acción formativa dirixida a mellorar a seguridade e o manexo de ferramentas de risco no ámbito forestal.
Á clausura asistiron, Pablo Fernández, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Adela Quinzá-Torroja, xerente do ISSGA, Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, Myriam Garabito Cociña, xefa do Centro do INSGA de Lugo, e Álvaro López Aenlle, xefe de Equipo de Seguridade de Saúde Laboral do INSGA de Lugo.
O Concello de Viveiro agradece a colaboración da Xunta de Galicia para facilitar esta formación específica e útil ao seu persoal, que repercute na calidade e seguridade dos servizos municipais prestados.