Viveiro, 23 de xullo de 2025. O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 23 de xullo, dúas sesións plenarias de carácter extraordinario. Ambas terán lugar no Salón de Sesións da Casa Consistorial e abordarán temas clave para o funcionamento municipal e a xestión da sociedade pública “Aparcamentos A Mariña S.L.”.
A primeira sesión terá lugar ás 19:15 horas e corresponderá á Xunta Xeral da sociedade “Aparcamentos A Mariña S.L.”, entidade de capital integramente municipal. Na orde do día inclúese a aprobación da acta da sesión anterior e varios puntos relativos á adaptación e corrección estatutaria: a adaptación ao euro e a modificación do artigo 5 dos estatutos, o cal implicará unha redución do capital social. Tamén se someterá a votación a elevación a público dos acordos adoptados.
Ás 19:30 horas celebrarase o Pleno extraordinario da Corporación, no que se someterán a debate e aprobación os seguintes asuntos:
Aprobación dos orzamentos municipais para 2025 e a correspondente plantilla de persoal.
Aprobación das novas tarifas para o servizo de taxi no termo municipal.
Toma en consideración da renuncia da concelleira Dª Miriam Bermúdez García.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, subliña a importancia destas sesións para garantir a continuidade e eficiencia da xestión municipal e reforzar os mecanismos de servizo público, transparencia e responsabilidade.





















A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



