Ribadeo, 4 de agosto de 2025. A Burger Fest, o festival gastronómico itinerante de referencia para os amantes das burgers gourmet e o street food, chega a Ribadeo do 5 ao 10 de agosto. Tras cultivar un gran éxito en cidades como Irún, Zamora, A Coruña, Lugo, Segovia, Ávila, León ou Alcalá de Henares, agora despregará a súa proposta culinaria na localidade mariñá para encher de sabor e bo ambiente a zona do porto (á beira da lonxa).
Durante seis días, veciños e visitantes poderán gozar dun ambiente único coas mellores foodtrucks de hamburguesas premium chegados de varios puntos de España. Ofrecerán propostas elaboradas con carnes de primeira calidade, opcións veggie, outras que terán en conta as posibles intolerancias (sen glute e vexetarianas) e combinacións sorprendentes.
A organización instalou unha carpa para que os asistentes poidan degustar todos os sabores que propón a Burger Fest coa máxima comodidade.
Ademais, a experiencia da Burger Fest de Ribadeo completarase con:
– Zonas de mesas e lecer familiar.
– Música en directo e DJs todos os días.
A entrada será libre. As actividades desenvolveranse ao longo de seis días, cos seguintes horarios:
– Martes 5: de 19:00 a 00:00 horas.
– Mércores 6: de 19:00 a 00:00 horas.
– Xoves 7: de 19:00 a 00:00 horas.
– Venres 8: de 13:00 a 00:00 horas.
– Sábado 9: de 13:00 a 00:00 horas.
– Domingo 10: de 13:00 a 00:00 horas.