Xove, 12 de agosto, 2025. A feira de gando do San Bartolo é un evento anual que reúne a gandeiros/as, criadores/as e entusiastas do sector para amosar e comerciar animais de alta calidade.
Este ano novamente o 24 de agosto celebrase na parroquia de San Isidoro de Monte (Xove) esta tradicional feira que repartirá premios nos concursos gandeiros que transcurrirán pola mañá (maior número de reses cabalares e maior número de reses de gando vacún) e no concurso de marcha que terá lugar pola tarde.
Na presentación do cartaz desta feira estiveron presentes membros da directiva da Comunidade de Montes Costa de Laxamoura como organizadora da mesma (Antonio Paleo, Miguel Otero e Antonio Liborio), acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de agricultura e gandería, Dolores Meitín.
A organización convida a todos/as os/as interesados/as no sector gandeiro a unirse a esta feira e pasar unha xornada entretida con moito gando e moita música en Penas Agudas (Monte-Xove).