Esta cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2019, celébrase durante esta fin de semana no municipio mariñán. Tras a inauguración e a lectura do pregón a cargo do burelés Juan Carlos Enríquez Casas, iniciouse a degustación de bonito que se serviu en diferentes elaboracións. A este acto tamén asistiu a Alcaldesa de Burela e Deputada Provincial, Carmela López Moreno, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e o Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, entre outras autoridades.
