Ribadeo, 27 de agosto de 2025. Este 28 de agosto Ribadeo énchese de música, xogos e descontos co último Xoves Aberto de Acisa. Haberá música na rúa San Francisco e na zona vella, a ruleta da sorte tamén na rúa San Francisco, propostas refrescantes na hostalería local, descontos en tendas e o deslizador xigante de Acisa.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “como xa se puido comprobar os pasados xoves, esta iniciativa enche as rúas da vila de música en vivo e permite a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos, que contan con horario especial de peche, presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos tamén con propostas moi refrescantes na hostalería local. Dende Acisa queremos pechar estes Xoves Abertos por todo o alto de aí que mañá contemos con música en dous puntos de Ribadeo, coa ruleta da sorte e cunha aposta moi divertida na semana multiaventura, que arrincaba o pasado luns”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente, desfrutando das nosas tendas, da nosa hostalaría e da nosa música. É un impulso para o comercio local e unha invitación a descubrir todo o que a vila ofrece. Eeste xoves teremos a actuación dos DJ Wachu y Baby Romeo na zona vella de Ribadeo a partir das 22:00 horas. Esta actuación lévase a cabo en colaboración co Xara Fest, como previa a o seu festival do sábado e busca concienciar e implicar á xente mais nova co comercio e coa hostalaría local. E ademais, co fin de ter oferta musical para todos os gustos, ás 20:00 horas na Rúa San Francisco, poderemos gozar do concerto de Carolina Rubirosa. Este xoves tamén, as tendas participantes abrirán polo menos unha hora máis sobre o seu horario habitual e ofrecerán múltiples promocións. Os clientes que presenten o multipase poderán beneficiarse destas ofertas e a partir das 20:00 horas gozar dunha Estrella Galicia ou dun tinto de verán por só 1 euro ou dun cubo de 5 quintos por 5 euros nos locais hostaleiros participantes. Ademais contaremos coa ruleta da sorte, que estará instalada na Rúa San Francisco de 19 a 21 horas”.
Pérez Prada subliñou: “e como gran atractivo e novidade en toda Galicia e Asturias o deslizador xigante de mais de 100 metros de longo na pendente máis empinada de Ribadeo. Estará situado xoves e venres de 18:00a 21:00 horas na Rúa Viejo pancho. Para acceder a el será necesario levar o multipase. Os menores de 12 anos non poderán participar se non van acompañados dos seus titores. Animamos a todas as idades a acudir xa que esta actividade vale tanto para a mocidade como para os adultos. Vai ser unha experiencia única”.
Cruzado Iglesias engadiu: “os Xoves Abertos son unha ocasión moi especial para mercar, xa que en moitos casos, ademais dos descontos de rebaixas, haberá promocións adicionais que irán desde o 10% ata o 75%, zonas outlet, 2×1 e moito máis. Estes xoves convértense nunha oportunidade única para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes e para coñecer tamén as propostas para a vindeira tempada outono-inverno, que xa se poden ver en moitos escaparates de Ribadeo. Animamos desde Acisa á veciñanza e aos visitantes a gozar mañá dun gran Xoves Aberto”.
Comercios participantes:
O Ferrado Marelo, Anais, Serendipia, Mimimó, Galán, Farfala, Sanjurjo, Esprit, Mika, For Friends, La Coqueta, Perseidas, Pequerrechos, Susana Kempes, Pepa Peineta, Siñeiro, Bombones Moreno, Hola Ola, Jilgueritos, La Florida, Ohana, Terra Branca, Fauna, Bora Bora, Miss-Ticc, Glass, Casa Mandarina, Sendín, Óptica Carreira e A Flote.
Establecementos hostaleiros:
Cienfuegos, Aware Cakes, Barallocas, Ramonita, Manhatan, La Flor de Jose, El Colonial, El Rincón del Gordo, A Horta de San Roque, Copa Cabana, Araucaria, Mareta, Los Dulces de Delphine, Cervexería San Roque, Mesón D’Cata, O Furancho do Camiño, Arrancadeira e Ribanzo.
Todas as ofertas concretas pódense consultar na web e redes socias de Acisa.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense agradeceu “a colaboración do Concello de Ribadeo, a cofinanciación da Xunta e o patrocinio de Discosta Norte, que fan posible a realización destas actividades do 14 ao 31 de agosto incluídas na programación especial de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo, enmarcadas no programa da Xunta O teu comercio é excepcional. O colofón a estes quince días intensos de propostas será o 31 de agosto co sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. As rifas obtéñense nos establecementos asociados a Acisa polas compras ou consumicións realizadas nos mesmos”.