Tamén mantivo un encontro con representantes da confraría para abordar a situación do sector e analizar as demandas dos profesionais do mar desta localidade
Foz, 8 de setembro de 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro con representantes da Asociación A Ribeira de Foz para abordar as necesidades da náutica de recreo no municipio. Na xuntanza, a responsable autonómica destacou que Portos de Galicia xa encargou o proxecto de dragaxe do porto de Foz, unha vella demanda deste colectivo, logo da aprobación da Declaración de Impacto Ambiental en agosto. Unhas obras que abarcarán un período de execución de 4 anos cunha actuación inicial e posteriores de mantemento do calado e que suporán un investimento de 1 millóns de euros.
Nesta liña, Marta Villaverde resaltou estes avances dado que esta actuación resulta imprescindible para que se poda contemplar unha futura remodelación e ampliación do peirao deportivo Porto Chico. A titular de Mar reiterou o compromiso da Xunta en seguir impulsando o turismo náutico na zona como elemento dinamizador das economías das comunidades costeiras. Así, o pasado ano A Mariña consolidouse como destino náutico recibindo máis de 1.000 barcos en tránsito nos seus portos cun volume de negocio que superou os 800.000 euros.
A responsable autonómica tamén mantivo un encontro con representantes da confraría de Foz para abordar a situación do sector e analizar as demandas dos profesionais do mar desta localidade. A conselleira do Mar trasladou o compromiso do Goberno galego coa actividade pesqueira mediante o impulso de actuacións e liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos que permitan reforzar esta actividade extractiva estratéxica para a comunidade.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



