Ribadeo, 20 de setembro de 2025. Ata o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no I Trail de Ribadeo, que se celebrará o día 5 do vindeiro mes. Co evento, organizado polo Concello, colabora a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A proba contará con tres modalidades: trail longo (24 km), trail curto (12 km) e andaina popular (12 km). As inscricións, que permanecerán abertas ata o 1 de outubro, poden realizarse a través da web oficial www.trailderibadeo.com
O número de prazas está limitado a 150 no trail longo, 250 no trail curto e 200 na andaina. A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como unha camiseta conmemorativa e un vaso pregable para todas as persoas participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “con este evento o Concello de Ribadeo aposta por consolidar unha cita deportiva que une deporte, natureza e promoción do territorio, coa vontade de incorporala ao calendario deportivo da Mariña Lucense”. E animou a participar nesta cita.






















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



