Burela, 4 de setembro, 2025. A Garda Civil detivo en Burela, a unha veciña desta mesma localidade, de 50 anos de idade como suposta autora dun delito contra a saúde pública.
A persoa detida foi sorprendida polos axentes cando portaba un bolso-bandoleira, en cuxo interior levaba unha “pastilla” de supostamente haxix, que alcanzou un peso de 98 gramos, a cal foi intervida e posta ao dispor da autoridade competente.
O lugar onde foi detida é unha zona da localidade burelense na que adoitan acudir consumidores e vendedores que trafican con este tipo de substancias estupefacientes.
As dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Viveiro.