Ribadeo, 2 de setembro, 2025 A Garda Civil detivo en Ribadeo a cinco persoas como supostas autoras de seis delitos de roubo con forza ocorridos en vivendas situadas na localidade.
Os presuntos autores empregaban como “modus operandi” a fractura de portas e xanelas, utilizando en casos puntuais trades cos que forzaban os bombíns das fechaduras, accedendo a continuación ao interior dos inmobles e subtraendo efectos de todo tipo.
No desenvolvemento deste operativo tratouse de determinar o destino final dos numerosos efectos subtraídos coa finalidade da súa recuperación e posta ao dispor dos seus lexítimos propietarios.
Tras unha ardua investigación policial conseguiuse obter indicios que permitiron inferir a participación dos detidos nestes feitos delituosos.
As dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 2 dos de Mondoñedo.