Ribadeo, 17 de setembro de 2025. O coñecido xornalista Fernando Jáuregui presentará mañá, xoves, o seu último libro El cambio en 100 palabras. ¿Cómo serán nuestras vidas en 2050?. Será ás 20 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.
Fernando Jáuregui foi columnista en varios periódicos de tirada nacional, foi e é comentarista político en tertulias radiofónicas e televisivas e ocupou a subdirección dos servizos informativos de Telecinco, onde dirixiu o espazo Mesa de Redacción.
Ten publicado uns vinte libros. O último será o que presente en Ribadeo mañá.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “en Ribadeo seguimos acollendo a presentación de diferentes publicacións e libros, actividades que forman parte da nosa oferta cultural. Animamos á veciñanza do noso concello e da contorna a que se acheguen a escoitar a Fernando Jáuregui, un xornalista de recoñecida traxectoria profesional no noso país”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



