A directora de Desenvolvemento Pesqueiro visita as instalacións do Centro de Investigación Mariñas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en Ribadeo para analizar o traballo que se vén realizando e estudar novas actuacións
Ribadeo, 11 de setembro de 2025. O Centro de Cultivo Mariños do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), en Ribadeo, prepara a entrega de novos lotes de semente para as vindeiras semanas. Así o confirmou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, que realizou a súa primeira visita a estas instalacións desde a súa chegada a este departamento. Acompañada polo director do CIMA, Carlos Gabín, e a responsable da planta, Justa Ojea, percorreu o centro onde puido coñecer de preto o traballo que se vén realizando así como analizar futuras actuacións.
As previsións son que nas vindeiras semanas sexa entregado un lote de 100.000 unidades de ameixa babosa para o seu preengorde nas instalacións da confraría da Illa de Arousa. Tamén está prevista outra entrega de 117.000 unidades de ostra plana no marco do proxecto Ostreares. Unha iniciativa enmarcada na rede de colaboración entre os centros de investigación mariña autonómicos e o sector pesqueiro, Redemar, que ten como obxectivo a restauración de los bancos naturais de ostra plana en la enseada de San Simón, na ría de Vigo, e na que colabora a Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.
Ángeles V. Suárez puxo en valor o traballo e experiencia dos técnicos deste centro autonómico que desempeñan un papel fundamental á hora de proveer ás entidades sectoriais de semente de especies marisqueiras para o desenvolvemento de accións de rexeneración das zonas produtivas. Así, resaltou as súas instalacións punteiras que, grazas á utilización de enerxías renovables, non depende de combustibles fósiles, non ten pegada de carbono. Un feito que exemplifica o compromiso do Goberno galego pola sostibilidade dun sector estratéxico para Galicia.
A directora xeral subliñou que a comunidade conta con centros referentes no ámbito da investigación mariña e resaltou o seu papel e contribución á competitividade e sustentabilidade da actividade pesqueira e marisqueira da comunidade. Un modelo de colaboración e traballo conxunto que resulta fundamental para reforzar o liderado internacional de Galicia no ámbito pesqueiro.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



