Elena Candia presidiu unha reunión cos representantes lucenses no Congreso e no Senado na que anunciaron unha ofensiva nas distintas institucións para “evitar que o goberno castigue a Lugo sen poder albergar novos proxectos industriais nos próximos anos”
Lugo, 27 de setembro de 2025. O PP lucense denuncia que o PSOE e o Goberno de Sánchez “están secuestrando o futuro da provincia ao deixarnos fóra da nova planificación eléctrica estatal” e, polo tanto, anuncia unha ofensiva en distintas institucións para esixir ao Executivo central que Lugo non quede á marxe e, polo tanto, “corrixir un novo agravio á provincia de Lugo” e, máis concretamente, “ao futuro de moitos mozos e mozas”.
A presidenta provincial, Elena Candia, presidiu unha reunión con representantes no Congreso e no Senado para analizar o “novo castigo político” do Goberno central a Lugo ao deixar á provincia fóra da nova planificación eléctrica estatal ata 2030 e tomar as accións necesarias para “evitar que Lugo non poida albergar novos proxectos industriais nos próximos anos. É intolerable que unha decisión política para vetar a Altri supoña deixar a toda a provincia fóra do mapa industrial galego”.
Os populares cren que “é un erro por parte do PSOE e do secretario xeral do PSdeG, o lucense José Ramón Gómez Besteiro, facer política co futuro dos mozos e mozas. É un erro que Besteiro, erixido como portavoz do Ministerio de Transición Ecolóxica, poña a Sánchez por diante dos lucenses e que o PSOE se sume ao non a todo do BNG porque a nosa provincia non merece ese negacionismo”.
“As pancartas non evitarán que os galegos e lucenses saiban quen lles nega o futuro”, advirten. E engaden que “seguiremos traballando para defender todos os proxectos industriais que traian un futuro a Galicia e a Lugo”.
O deputado nacional e portavoz de Industria do Grupo Popular no Congreso, Francisco Conde, cre que Sánchez con esta decisión “secuestra o futuro da provincia e o Goberno terá que dar explicacións en todas as instancias da súa actuación discrecional en relación ao proxecto de Altri”. Nese sentido, avanzou que “pediremos explicacións polos criterios empregados polo Goberno de Sánchez para excluír da planificación eléctrica non só a Altri, senón a toda a provincia de Lugo. Fronte aos negacionistas seguiremos traballando por un futuro para Lugo de forma incansable”.
“Sánchez está demostrando toda a súa maldade con Lugo, coa axuda de Besteiro e Pontón. O PP que goberna en Galicia, e que o fará tamén en Madrid, traballará para que o país funcione” engade Conde.
Os senadores tamén teñen solicitado formalmente dende a Cámara Alta respostas do Goberno por escrito sobre as razóns para deixar á provincia de Lugo fóra dos reforzos enerxéticos e, polo tanto, do crecemento industrial para os próximos anos porque, “ao non contar cun só megawatt adicional, ningunha mediana ou gran industria poderá instalarse aquí ata 2030”, como advirte Barreiro.


















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



