“Dona Clara” unha creación do grupo inspirada na obra “A visita da vella dama” de Friedrich Dürrenmatt, é o título desta nova proposta do grupo barreirense
Barreiros, 19 de setembro, 2025. Corenta anos despois de terse marchado, a multimillonaria Clara Zahanassian regresa á vila da súa infancia. Vila que, inexplicablemente, está sumida na miseria.
Dona Clara parece mostrarse xenerosa e ofrece mil millóns de euros á súa vila natal para que solucione os seus problemas, pero cunha condición difícil de asumir por unha sociedade que se considera a si mesma “civilizada, democrática, virtuosa e temerosa de Deus”.
Dona Clara é unha obra perversa, unha obra onde van aparecendo dun xeito paulatino pero dunha forma inexorable, as debilidades humanas. Os personaxes que imos vendo son persoas perfectamente recoñecibles. Non son malas persoas, pero “a tentación é demasiado grande e a nosa pobreza demasiado amarga”. Por iso non podemos distanciarnos deles, porque se cadra, non estamos seguros de que obraríamos de distinta forma ca eles na mesma situación.
Isto fai que o público sexa unha parte esencial da obra. Representa á xente da vila e como tal toma as decisións máis importantes e transcendentais da trama. É un público activo que debe colaborar cos actores e actrices nunha comuñón case mística que fai que todo isto teña sentido.
Unha vez máis, Ollomao explora novos territorios e presenta unha traxicomedia que, estamos convencidas-os, non vai deixar a ninguén indiferente.
As funcións terán lugar nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 19 ás dez da noite e o domingo 21 ás oito. Haberá unha nova función o domingo 28 tamén ás oito da tarde.
As entradas, que xa se poden adquirir contactando co teléfono 678 54 65 26 (Marisa) preferiblemente por WhatsApp, teñen un prezo de 5 €. A este respecto, desde a Directiva de Ollomao recordan que as entradas reservadas estarán a dispor de quen fixo a reserva ata media hora antes do inicio da función na billeteira do teatro. De non retiralas nese prazo, poranse á venda. Tamén indican que cada entrada só é válida para o día e hora que figura na mesma e que os menores pagan entrada sempre e cando ocupen asento.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



