Ribadeo, 23 de setembro de 2025. Segue en Ribadeo a actividade formativa de Acisa co curso de empaquetado, que deu comezo onte na Aula da Casa da Cultura (rúa Viejo Pancho). As asistentes escoitaron con moita atención todas as explicacións e recomendacións realizadas por Tamara Casabella, de Academia A Mariña, para facer os paquetes máis bonitos e máis atractivos. E tiveron tempo para poñer en práctica os coñecementos recibidos. A segunda sesión do curso de empaquetado terá lugar o 6 de outubro de 18:00 a 20:30 horas.
O vindeiro luns, día 29, será a segunda clase do curso de escaparatismo e o 13 de outubro a terceira.
Polo curso de empaquetado pasaron onte a responsable do departamento de Formación de Academia A Mariña, Raquel Hermida, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Ambas formacións, empaquetado e escaparatismo, moi demandadas entre os negocios asociados, son gratuítas. Os cursos están organizados por Acisa, son financiados pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.