Foz, 9 de outubro, 2025. A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta un mes de outubro cheo de propostas abertas á veciñanza, combinando cultura, ecoloxía e lecer para todas as idades.
O xoves, 16 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas, celebrarase a ruta turística “Foz, sabor a mar”, un paseo guiado a cargo de Ana Pena, de Guía tu día, guía turística nativa de Foz. A actividade, organizada en colaboración coa Concellería de Turismo, permitirá coñecer o pasado mariñeiro da vila e afondar na súa identidade costeira, ofrecendo unha nova mirada sobre o patrimonio local.
A concelleira de Turismo, Katy Navarro, salienta que “esta iniciativa amosa o valor de traballar de forma coordinada entre as diferentes áreas do Concello e a Aula Universitaria da UNED. A unión de esforzos permítenos poñer en valor os recursos de Foz e ofrecer actividades que fortalecen a identidade local e a participación cidadá”.
O luns, 20 de outubro, a Aula Universitaria participará conxuntamente co IES de Foz na limpeza da praia da Rapadoira, no marco da XIV Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA. A actividade, que se desenvolverá de 12:30 a 13:30 horas, está aberta a toda a cidadanía. O Concello de Foz colaborará facilitando aos participantes os útiles necesarios, reafirmando o seu apoio constante a esta iniciativa ecolóxica.
Finalmente, o venres, 24 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas, celebrarase unha actividade de Halloween para nenos e nenas a partir de cinco anos. Trátase dun xogo semellante á busca do tesouro, con pistas en inglés e temática inspirada nesta celebración.
A concelleira da Aula, Elena Martínez, subliña que “estas actividades amosan o papel da Aula da UNED como espazo vivo de aprendizaxe, cultura e participación cidadá. Foz é un lugar privilexiado, e queremos que cada veciño e veciña o sinta así”.
Pola súa banda, a coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca que “o traballo conxunto coas diferentes concellerías e instrumentos municipais é a base do funcionamento deste servizo, que pretende ser útil, aberto e próximo á comunidade”.
O prazo de matrícula para o curso 2025/2026 continúa aberto ata o 22 de outubro. A información e inscrición poden realizarse na web da UNED ou presencialmente na Aula Universitaria de Foz, de luns a venres, de 9 a 14 horas.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



