Foz, 27 de outubro, 2025. A Agrupación Socialista de Foz reuniu recentemente á súa Executiva Local, na que se abordaron as principais necesidades do municipio e se trasladaron diversas propostas ao Goberno Municipal.
Durante o encontro, os membros do PSOE de Foz expresaron a súa preocupación polo actual bloqueo político en materia de vivenda pública pola nula inversión da Xunta de Galicia e o bloqueo á iniciativa de mercar o solar de Vialmar por parte de PP e BNG, acordando co Executivo local acelerar o paso e poñer en marcha novas iniciativas que poidan superar as resistencias políticas e que permitan elaborar un plan co obxectivo principal de facilitar o acceso da veciñanza a unha vivenda digna, especialmente para a xente moza e as familias con menos recursos.
Así mesmo, a Executiva Socialista destacou a importancia de avanzar na construción do parque cuberto, unha infraestrutura moi demandada pola cidadanía e necesaria para mellorar os espazos de lecer e convivencia, especialmente durante os meses de inverno.
Outro dos puntos salientables da reunión foi a necesidade de realizar un potente investimento nas parroquias do municipio e agradecen o apoio do parque de maquinaria da Deputación de Lugo que permitiu durante o mes de setembro e outubro asfaltar distintos camiños en Vilaronte. Nese sentido, o PSOE de Foz subliñou que as parroquias deben contar con servizos e dotacións axeitadas, así como cun mantemento continuado de camiños, alumeado e espazos públicos.
Por último, os socialistas focenses analizaron os distintos mecanismos posibles para implementar unha mellora na limpeza urbana, tanto no casco urbano como nas zonas costeiras e rurais, especialmente despois da execución de distintas obras que están a mellorar a accesibilidade e os servizos en distintas rúas do centro urbano.
“Foz precisa seguir avanzando con paso firme en cuestións que afectan directamente ao benestar das veciñas e veciños. Apostamos por un municipio que non se medre en habitantes ou en renta por habitantes, senón tamén en equilibrio, en servizos de calidade e oportunidades para todas e todos”, sinalaron desde a Executiva local do PSOE.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



