Mondoñedo, 7 de outubro, 2025. A vindeira edición da Feira de As San Lucas, contará cun plan especial de seguridade, que garante o correcto desenvolvemento dos numerosos eventos que compoñen o programa festivo.
A Xunta Local de Seguridade, terá lugar mañá mércores, onde os responsables de seguridade ultiman detalles de coordinación.
O Concello de Mondoñedo afronta esta 869.ª edición das Feiras de As San Lucas, implementando un plan especial de seguridade e autoprotección, que permita garantir adecuadamente a seguridade de cada un dos eventos e actividades programadas.
En colaboración coa Asociación San Lucas, e con especial atención á previsible e elevada afluencia de público, o concello dispuxo a elaboración do citado Plan de Autoprotección. Isto débese á coincidencia das principais actividades, como son a Baixada ou a Feira do Gando, en venres pola tarde e sábado pola mañá. Este plan está redactado por persoal especializado en consonancia coa lexislación vixente na materia. Devandito documento prevé as situacións de risco que poidan dar lugar a emerxencias e as actuacións para adoptar fronte ás mesmas.
Establece ademais, os medios humanos que participan no dispositivo, composto de Protección Civil, Policía Local de Mondoñedo, Garda Civil, Policía Autonómica e Seguridade Privada, quen será os encargados, dentro das súas respectivas competencias, de garantir a seguridade.
Por iso, mañá mércores, o Alcalde de Mondoñedo e a recentemente nomeada Subdelegada do Goberno, Olimpia López Rodríguez, copresidirán a Xunta Local de Seguridade do Concello, onde, entre outros puntos da orde do día, tratarase a seguridade dunhas San Lucas que se prevén de gran afluencia.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



