O BNG denuncia que a ocultación do acordo case dous anos despois é xa “unha autoinculpación do trato de favor” recibido pola pasteira portuguesa
Santiago de Compostela, 7 de outubro, 2025. O viceportavoz segundo do Grupo do BNG, Luís Bará, volveu reclamar hoxe en sede Parlamentaria que se faga público o acordo asinado entre a Xunta e Altri a través da Sociedade Impulsa e do que, case dous anos despois, os galegos e as galegas seguen sen coñecer os detalles. “A ocultación do acordo é unha autoinculpación de que vostedes (o Goberno do PP) tiveron un trato de favor, privilexiado” para favorecer os intereses de Altri, asegurou.
No transcurso dunha pregunta formulada na Comisión 6ª, Bará denunciou ademais que, en base a ese acordo, o Goberno do PP chegou a modificar leis a través de vías “torticeiras” como a de recorrer á Lei de Acompañamento dos Presupostos para cambiar a lei de Política Industrial “pola porta de atrás” e poder así, denunciou, indemnizar a Altri por investimentos xa feitos cando o seu proxecto fracase totalmente.
“E non me refiro ao medio millón de compensación se o proxecto non se aproba non prazo dun ano”, advertiu o deputado nacionalista, emprazando directamente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a sacar do caixón toda a documentación que o BNG lle vén reclamando a través do artigo 9 do Regulamento da Cámara e que o PP insiste en ocultar.
O deputado do BNG insistiu na obriga da Xunta a render contas da súa actividade a través da Sociedade Impulsa, posto que esta é, tal e como se recolle aínda na súa páxina web, un instrumento “público-privado” —agora en proceso de disolución— que foi creado para impulsar proxectos estratéxicos de Galiza. A Administración autonómica ten unha participación do 48 % no seu capital e un 50 % dos dereitos de voto, lembrou.
Un buque insignia que afundiu
No transcurso da súa intervención, Bará referiuse á Sociedade Impulsa como “un gran fiasco”. “O buque insignia da política industrial da Xunta desaparece, afúndese, antes de poñer en marcha ningún dos proxectos tractores que anunciou”, como “a famosa Sogama dos xurros”, o investimento en 100 MW de electrolizadores para a xeración de hidróxeno verde, o de revitalización demográfica do rural ou o propio de Altri que, “a estas alturas está claro que nin conseguiu financiación nin a conexión eléctrica que precisaba”.
Bará enmarcou a disolución de Sociedade Impulsa no interese do PP por facer un “borrado” e “eliminar probas” sobre o acordos con Altri. “Se non nos dan información é que teñen cousas moi graves que ocultar sobre as súas responsabilidades, complicidades e chanchullos que incluso lles levaron, para cumprir as condicións impostas por Altri, a modificar unha serie de leis”, destacou.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



