Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderon no pleno de hoxe unha moción para incorporar ao proxecto de orzamentos da Deputación para 2026 coas propostas realizadas polos representantes dos 67 concellos da provincia, ante a que PSOE e BNG votaron en contra
Lugo, 28 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular denuncian que José Tomé, PSOE e BNG “seguen instalados no maior dos sectarismos” ao negarse hoxe “a escoitar” as demandas dos 67 concellos da provincia “ao votar en contra” das propostas realizadas polos representantes de todos os concellos da provincia.
Os deputados populares defenderon unha proposta para incorporar ao proxecto de orzamentos provincial para 2026 incorporase as principais reclamacións realizadas polos alcaldes e voceiros do PP nos 67 municipios de Lugo, “pero José Tomé segue o camiño da confrontación e do autoritarismo xa que unicamente escoitar a aqueles concellos da súa mesma cor política que son amigos ou que o presionan para darlle ou non o seu apoio para manterse unha semana máis á fronte da Deputación e do seu partido”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recordou durante o pleno que “por responsabilidade, fixemos o traballo que nos corresponde e que José Tomé se nega a realizar: escoitar a todos e cada un dos concellos”. “Esta situación provoca que José Tomé non coñeza a realidade de 66 dos 67 municipios da provincia porque en seis anos non pisou máis da metade dos concellos da provincia”, denunciou.
Ademais, Ameijide recordou o sectarismo do presidente da Deputación que “un ano máis negouse a sentarse coa oposición para poder realizar un proxecto de orzamentos de consenso e que as contas provinciais foran o máis igualitarias e xustas posibles con todos os concellos”.
PROPOSTAS DEFENDIDAS POLO GRUPO POPULAR
Para que os orzamentos da Deputación sexan máis xustos solicitouse subir o Plan Deputación en 10M€ “por ser o sistema de reparto de fondos máis xusto que hai agora mesmo na Deputación, polo que incrementar os fondos é aumentar a colaboración económica que se realiza con cada municipio”.
Ademais deste incremento, dende o Grupo Popular tamén se defendeu que se modifiquen as bases para a vindeira anualidade, de forma que recollan a posibilidade de que os Concellos soliciten a aplicación de parte da achega provincial ao Plan Deputación a gastos correntes, entre outros conceptos que agora non se permiten.
“PSOE e BNG seguen a repartir a dedo, de forma escura e de forma totalmente subxectiva fondos da Deputación cada venres en xunta de goberno unicamente para os seus afíns e amiguetes, marxinando por completo a máis da metade dos lucenses da provincia”.
No que vai de ano xa repartiron vía convenio 10.5M€, unicamente a concellos da súa mesma cor política, “e aínda quedan máis de dous meses, que os de final de ano son nos que máis cartos reparten”.
O mantemento da rede viaria provincial tamén é outro dos investimentos defendidos polos deputados populares xa que, pese aos dous plans de mantemento anunciados por José Tomé, “nada cambiou na rede viaria provincial” e en 66 dos 67 concellos segue a reclamarse o mantemento e conservación das estradas da Deputación.
Cómpre realizar un plan de conservación, mantemento e mellora das vías provinciais de forma que garantan a seguridade e que inclúa a renovación do firme onde sexa necesario, o ensanche das plataformas coa posibilidade de acondicionar cunetas revasables con formigón, unha correcta sinalización vertical e horizontal, a instalación dos elementos de seguridade necesarios; ademais da limpeza periódica das cunetas e un servizo efectivo de desbroce das marxes das estradas de titularidade provincial.
Garantir servizos aos maiores é outra das grandes reivindicacións nos municipios, polo que os deputados populares pediron compromisos económicos concretos para garantir a posta en funcionamento, de forma inmediata, dos centros de atención a maiores xa rematados, impulsar os que se atopan en construción, en proxecto – algúns deles dispoñendo xa de licenza municipal – ou comprometidos; do mesmo xeito poñer en marcha os centros de día xa construídos e comprometidos.
Tamén é fundamental abrir de forma inminente o centro de día e residencial comarcal de Becerreá; así como iniciar as obras de construción dos centros de atención ás persoas maiores e centros de día nos concellos de Folgoso do Courel e Portomarín.
Colaborar economicamente cos Concellos na prestación de servizos básicos coma o relativo á implantación do ciclo auga, na recollida de animais abandonados (como establece a Lei 7/2023 de protección dos dereitos e o benestar dos animais) e no impulso dos sectores primario e turístico, son outras das demandas defendidas no pleno de hoxe, como a necesidade de desenvolver un plan de impulso dos polígonos industriais de titularidade provincial que inclúa as distintas tramitacións urbanísticas e sectoriais e a construción dos comprometidos e campañas de captación de investimentos para o desenvolvemento industrial e económico do territorio.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



