A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co comité de empresa de Alcoa
Cervo, 30 de outubro de 2025. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, solicitou hoxe formalmente unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa e pediu que se celebre en Galicia, na sede do comité de empresa nas inmediacións da planta, coa asistencia, tamén, do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Lorenzana xustificou esta proposta pola importancia estratéxica que ten esta empresa, o número de postos de traballo que dependen dela e a necesidade de que o Goberno central manifeste o seu apoio á industria de Galicia e, en particular, a Alcoa.
Acompañada do secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, a conselleira mantivo hoxe un encontro con representantes do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao para actualizar como están as tramitacións que dependen da Xunta en relación á planta e abordar a situación actual na que se atopa a empresa.
Asegurou, así, que a Xunta está “traballando arreo” coa empresa no borrador do que é a seguinte cota do depósito de lodos vermellos que é esencial, dixo, para que a fábrica poida continuar co súa actividade. Ao respecto, manifestou a disposición “absoluta” a colaborar por parte da Administración autonómica e o seu interese por que se tramite canto antes. “Imos poñer todos os medios e a axilidade posible pola nosa banda”, subliñou.
En relación á reunión do comité de seguimento, considerou que é crucial que o Ministerio de Transición Ecolóxica participe tendo en conta o problema da enerxía que ten Alcoa como empresa electrointensiva. “Solicitamos unha vez máis que se estableza un estatuto de verdade para as empresas electrointensivas, e que se garanta en termos de seguridade xurídica para as empresas un período longo de tempo onde se estabilicen e se regulen esas compensacións ao CO², que son fundamentais para baixar o prezo enerxético”, abondou.
Xunto con isto, tamén advertiu da necesidade de que continúe a tramitación dos parques eólicos vinculados á planta; especialmente, os de máis de 50 MW que son competencia do Goberno central e que tiñan comprometido o inicio da súa tramitación despois de caer os permisos de acceso e conexión. Os que dependen da Xunta, volveu recordar que foron tramitados en tempo e forma.
Sentenza do TSXG
Neste contexto, non obstante, fixo alusión á sentenza publicada onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que revoca os permisos dun parque eólico autorizado pola Xunta, para manifestar que “parece que pode avanzar o que pode suceder cos parques de Alcoa”. “Ten difícil explicación que o TSXG sexa o único en España, incluíndo o Tribunal Supremo que ten esta tese”, dixo, e lembrou que a Xunta vai presentar un recurso de casación ao entender que a doutrina do TS se ten que cumprir.
Lorenzana quixo facer fincapé na transcendencia que ten o desenvolvemento eólico para unha empresa como Alcoa, e no feito de que estean paralizados actualmente máis de 70 parques suspendidos polo TSXG –entre eles, os que van dar subministración á factoría–, polo que isto supón á hora de que empresas e cidadanía poida acceder a un prezo enerxético máis barato. “É crucial que dunha vez por todas se desbloquee a situación eólica que temos na comunidade porque sentenzas como a de onte, desde o punto de vista económico e industrial, non favorecen a Galicia”, remarcou. “Están facendo que os nosos fogares, veciños e fábricas estean pagando día tras día moito máis pola enerxía eléctrica, tendo un recurso renovable na comunidade que, de ser desbloqueado, suporía un abaratamento da enerxía coa nova política eólica que ten a Xunta de Galicia en marcha”, concluíu.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



