“A día de hoxe, descoñécese se a institución provincial colaborará nas dúas iniciativas”
Viveiro, 7 de outubro de 2025. O Concello de Viveiro remitiu a semana pasada dúas solicitudes formais á Deputación de Lugo. Nelas pediu unha achega de 60.000 euros para o Belén «Viveiro ante o Berce 2025-2026» e outra de 40.000 euros para a Semana Santa de 2026, Festa de Interese Turístico Internacional. Ambas peticións realizáronse dentro dos prazos establecidos e a través dos procedementos correspondentes, co obxectivo de garantir que dúas das principais citas culturais e turísticas da Mariña conten co apoio económico necesario.
A día de hoxe, o Concello continúa á espera de recibir confirmación por parte da Deputación. Desde o goberno local recórdase que o obxectivo é unicamente que Viveiro reciba o respaldo que merece e que a colaboración institucional se materialice canto antes para poder iniciar os traballos de montaxe do Belén. Neste sentido, o executivo municipal aposta por unha xestión seria e respectuosa entre administracións, afastada de calquera utilización partidista dun asunto que afecta directamente ao desenvolvemento cultural e económico da cidade.
A alcaldesa Mariña Gueimunde referiuse tamén á nota de prensa difundida pola Deputación na que a asesora María Loureiro suxería indicacións sobre o modo de tramitar estas achegas. «Non precisamos recomendacións de ninguén para facer unha solicitude formal, porque estamos afeitos a facelo e sabemos perfectamente como se tramita. Resulta curioso que agora haxa que facer estes trámites e antes non se fixeran, pero desde o Concello actuamos con rigor e falamos coas administracións cando corresponde. O que non imos aceptar son leccións de quen, ademais, ocupa un cargo de asesoramento na Deputación», afirmou.
O Concello confía en que a Deputación de Lugo dea unha resposta positiva e áxil, e lembra que tanto o Belén como a Semana Santa non só reforzan o atractivo turístico de Viveiro, senón que tamén contribúen a dinamizar o comercio, a hostalería e o conxunto da economía local. Ademais, os prazos para iniciar a montaxe do Belén xigante cada vez son máis axustados.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



