“Mentres o Goberno galego contempla fondos para conservar as súas infraestruturas; o bipartito de Vilalba recórtaas” de forma que “todos os vilalbeses e vilalbesas ponde comprobar o mal estado de moitos inmobles de titularidade municipal”, engaden
Vilalba, 22 de outubro de 2025. O PP de Vilalba convida á alcaldesa a “facer un exercicio de reflexión” e “contar a verdade aos vilalbeses. En lugar de facer demagoxia, debería recoñecer os investimentos millonarios do Goberno galego en Vilalba. A rexedora debería saber, como mínimo, as achegas que o Concello recibe directamente da Xunta de Galicia” e ás que hai que sumar outros servizos que presta a administración autonómica e outras achegas a particulares, empresas e asociacións.
No ano 2024, segundo indican, o Concello de Vilalba recibiu máis de 2M€ para o SAF, 1M€ do Fondo de Cooperación Local -que será incrementado no 2026 segundo recollen os orzamentos do Goberno galego-, máis de 500.000€ para as escolas infantís, máis de 190.000€ para o mantemento do paseo e a área recreativa da Madalena, máis de 123.000€ para a creación do Punto de Atención á Infancia, máis de 110.000€ para a mellora de camiños, preto de 100.000€ en apoio á contratación de persoal e 60.000€ para o pavillón do Mato Vizoso. “Todas estas achegas que superan os 4M€ diríxense directamente á administración local”, inciden.
As contas do Goberno galego, presentadas en tempo e forma, logran baixar impostos aos galegos e galegas sen recorrer ao endebedamento. “É un exemplo de xestión fronte ao Goberno de Sánchez que leva anos cos Presupostos prorrogados ou, incluso, o goberno vilalbés que gobernou un mandato coas contas prorrogadas dun goberno do PP”.
Así, destacan que os Orzamentos da Xunta recollen “medidas centradas nas persoas” -increméntanse, por exemplo, as partidas para atención temperá (41%) e a enfermos de alzhéimer (12%)-. E os vilalbeses e vilalbesas, como galegos e lucenses, beneficiaranse de rebaixas fiscais a colectivos vulnerables, apoios para as familias e axudas para empresas, autónomos e particulares; ademais de recibir servizos públicos de competencia autonómica que financia directamente a Xunta de Galicia”, indican. E en partidas finalistas, contemplan preto de 750.000€ para obras en materia de eficiencia enerxética no xulgado de Vilalba e reservan 4,75M€ para a rehabilitación de vivendas a través do programa Rexurbe na provincia de Lugo (Mondoñedo, Ribadeo, Vilalba e Viveiro).
Dende o PP local subliñan que “a alcaldesa non fai máis que demagoxia. Gobernar non goberna. Só se queixa”. En relación ás competencias, acláranlle á rexedora socialista que “o abastecemento de auga e saneamento é un competencia municipal” e que, dentro das competencias que a lei outorga ás deputacións provinciais, atópase o apoio aos Concellos para garantir este tipo de servizos básicos; pero non está a cumprir: nin cos da súa cor política e, moito menos, co resto da provincia”. Recentemente, o goberno provincial -presidido pola mesma cor política que a alcaldesa- rexeitaba unha proposta do PP para que a Deputación colaborase cos Concellos na xestión do ciclo da auga.
Os populares tamén critican “a súa hipocrisía” toda vez que “a socialista fala de desprezo, partidismo e castigo” cando “o goberno provincial de PSOE e BNG reparte os fondos provinciais a dedo con Concellos gobernados polas súas cores políticas, discriminando aos veciños dos Concellos gobernados polo PP”. E engaden que “castigo tamén é o que aplica o Goberno de Sánchez á provincia, especialmente en materia de infraestruturas e mobilidade”. Tamén en relación ao Goberno do Estado, apuntan que “nada se sabe do novo cuartel da Garda Civil que prometera a socialista Elba Veleiro”. Polo tanto, “a señora Rouco non é quen para dar exemplo”.
CONSERVACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
Os populares puntualizan que, “dentro das partidas xenéricas, o Goberno galego contempla fondos para conservar as súas infraestruturas –ademais de inmobles, infraestruturas viarias-; a diferencia do bipartito de Vilalba, que as recorta. Á vista está de tódolos vilalbeses e vilalbesas a situación na que se atopan moitas vías municipais e inmobles de titularidade do Concello por falta de mantemento. Un claro exemplo é o auditorio municipal: en lugar de investir 18.000 euros na súa mellora e conservación para garantir a seguridade dos veciños e usuarios, preferiron empregar cantidades similares por exemplo en renovar o mobiliario da alcaldía, facer fotos á alcaldesa ou mercar postais”.























A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



