Haberá un obradoiro sobre cultivos, o tradicional Festival de Habaneras e unha obra de teatro
Cariño, 22 de outubro, 2025. O Concello de Cariño prepárase para vivir unha fin de semana repleta de propostas culturais, formativas e de lecer pensadas para todos os públicos. Así, entre o sábado 25 e o domingo 26 de outubro, o municipio acollerá tres actividades diferentes, cun Obradoiro sobre cultivos, o tradicional Festival de Habaneras e unha obra de teatro.
A programación arrincará o sábado, 25 de outubro, co Obradoiro de Protección de Cultivos, organizado pola Asociación Amigos do Parque Xeolóxico Cabo Ortegal en colaboración co Concello de Cariño. A actividade desenvolverase de 10:30 a 13:30 horas no Local Social de Cariño. O taller centrarase nos métodos de control alternativos aos produtos químicos para a protección dos cultivos. A través dun enfoque teórico-práctico, as persoas participantes aprenderán a elaborar os seus propios produtos naturais para o control de enfermidades e pragas en hortas e xardíns, utilizando plantas e recursos da contorna.
O taller non é gratuíto e será necesario realizar unha inscrición previa, dispoñible a través dun formulario web que se pode atopar nas redes sociais da asociación e do Concello. Para resolver calquera dúbida, pódese contactar no teléfono 624 579 926. O obradoiro será impartido por persoal de Axiña Asesoramento Rural Integral.
A xornada continuará esa mesma tarde, ás 19:30 horas, coa celebración do Festival de Habaneras de Cariño, que terá lugar no Auditorio Municipal. Este evento, organizado pola Coral Polifónica de Cariño coa colaboración do Concello e da Deputación dá Coruña, contará coas actuacións da Polifónica Coruñesa Canticorum, a Coral Polifónica de Foz e a propia Coral Polifónica de Cariño. Será unha tarde chea de música, harmonía e emocións, ideal para gozar en familia.
A fin de semana pecharase o domingo, 26 de outubro, coa representación teatral ‘Neura’, a cargo da compañía Ste Xeito Producións. A función comezará ás 19:00 horas, tamén no Auditorio Municipal de Cariño. Esta comedia neurótico-festiva promete risas e diversión para o público asistente. A entrada será igualmente gratuíta ata completar aforo.


























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



