Os populares destacan o compromiso da empresa coa “innovación constante e o medio ambiente” ao aplicar as máis novidosas tecnoloxías, tanto nas embarcacións como no seu proceso construtivo, para facelas máis sostibles e, froito deste compromiso, a empresa conta coa norma de aseguramento de calidade ISO-9001 e de garantía ambiental ISO-14001
Burela, 8 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular coñeceron de primeira man o proxecto e todo o traballo que Astilleros Armon realiza en Burela dende o ano 1992, “un traballo incrible dunha empresa punteira no seu sector e que dende a Mariña lucense fabrica embarcacións para todo o mundo”.
Os deputados populares, acompañados dos concelleiros do Grupo Municipal do PP de Burela, coñeceron todo o traballo que se realiza en Armon da man do director de Astilleros Armon Burela, Juan Ramón Pernas, que lles explicou con todo detalle o proceso construtivo das embarcacións, dende o proxecto nos planos ata a botadura á mar.
Dende o Grupo Provincial Popular destacan que na provincia de Lugo “hai empresas punteiras a nivel mundial e, nesta ocasión, tivemos a oportunidade de coñecer Armon, unha gran empresa de recoñecido prestixio en todo o mundo dentro do sector náutico”. “É fundamental coñecer iniciativas empresariais coma esta, que levan o nome de Lugo por todo o planeta, e que son fundamentais para asentar poboación”, destacou.
“Nós témolo claro e gústanos amosar aos nosos veciños exemplos coma este, para que todos teñamos claro que dende Lugo e os seus municipios tamén se poden poñer en marcha iniciativas empresarias de éxito a nivel mundial”, apuntaron.
En Astilleros Armon Burela fabrícanse embarcacións de ata 70 metros nos seus 5.600m2 nos que hai catro pavillóns cubertos. Nestas instalacións poden construírse buques pesqueiros de todo tipo, buques de apoio á industria offshore, remolcadores de porto, ferris de pasaxe, patrulleiras e buques de apoio aos mellores megayates do mundo.
Os populares puxeron en valor a “innovación constante” que teñen en Armon xa que “están a aplicar as máis novidosas tecnoloxías, tanto nas embarcacións como no seu proceso construtivo, para poder facelas máis sostibles”.
Froito deste compromiso medioambiental e de aplicar as máis novidosas tecnoloxías, a empresa conta coa norma de aseguramento de calidade ISO-9001 e de garantía ambiental ISO-14001.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


