José Tomé Roca presidiu este martes unha nova xuntanza da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo
Lugo, 8 de outubro de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes unha nova reunión da Comisión Executiva Provincial, celebrada na sede do partido na capital lucense.
No encontro, José Tomé Roca informou á Executiva Provincial dos principais asuntos abordados na Comisión Executiva Nacional Galega, celebrada o pasado luns en Ferrol, e trasladou as cuestións de interese común para o conxunto da organización socialista.
Durante a sesión, analizáronse diversas problemáticas que afectan á veciñanza da provincia, como o Servizo de Axuda no Fogar, a sanidade, o transporte público ou a situación de numerosos centros educativos. O Secretario Xeral advertiu da necesidade de que o PSdeG “siga poñendo voz ás demandas da cidadanía fronte á pasividade da Xunta de Galicia” e subliñou que “cada vez son máis os concellos que se atopan con servizos básicos en risco pola falta de planificación do Goberno do Partido Popular despois de dezaseis anos”.
Así mesmo, Tomé Roca anunciou o inicio dun calendario de encontros coas agrupacións locais e nas distintas comarcas de Lugo, co obxectivo de reforzar a coordinación interna e manter un contacto permanente co territorio. Segundo explicou, “estes encontros permitirán coñecer de primeira man o que acontece en cada concello, anticiparnos ás necesidades e ofrecer respostas rápidas e eficaces”. Ademais, destacou que esta dinámica servirá para mellorar a comunicación entre a dirección provincial e as bases, “fortalecendo o traballo conxunto e a unidade do proxecto socialista en Lugo”.
O líder socialista engadiu que “con estas reunións polas comarcas de toda a provincia vaise dinamizar o traballo das agrupacións de cada concello, e nos levará a volver gañar as eleccións municipais en 2027 para seguir gobernando a maioría dos cidadáns da provincia, tal como ocorre agora”.
Con esta nova xuntanza, o PSdeG-PSOE de Lugo reafirma o seu compromiso cun proxecto político activo e participativo, centrado nas preocupacións reais da veciñanza e na defensa dos servizos públicos que garantan igualdade de oportunidades en todo o territorio.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



