O Grupo Popular pide que o Goberno de Sánchez reclame a Europa un financiamento “que garanta os obxectivos de sostibilidade e competitividade que se marca a PPC”, apoie ao sector no seu plan nacional específico e active mecanismos de interlocución coas CCAA
Madrid, 8 de outubro de 2025. O Partido Popular rexeita a redución dos fondos europeos destinados ao sector pesqueiro e esixe ao Goberno de Sánchez adoptar unha posición “clara, firme e proactiva” para defender os intereses do noso sector pesqueiro no proceso de negociación do Marco Financeiro Plurianual (2028-2034) europeo e con apoio no marco de seu plan nacional específico.
Segundo os representantes galegos na Comisión de Pesca do Senado, Manuel Rivas e José Manuel Balseiro, o “inadmisible recorte” do 60% da Política Pesqueira Común (PPC) proposto pola Comisión Europea “comprometería gravemente a viabilidade da adaptación de moitas explotacións pesqueiras e un retroceso na capacidade para adaptarse e conseguir os obxectivos de sostibilidade, competitividade e seguridade alimentaria”.
Polo tanto, o Grupo Popular no Senado esixirá ao Goberno de Sánchez opoñerse no Consello da UE á proposta que “afectaría gravemente ao sector” en España e, polo tanto, en Galicia, a principal rexión pesqueira. E defender unha postura común entre os Estados da UE con maior peso pesqueiro para rexeitar a redución e propoñer un financiamento que garanta os obxectivos que se marca a PPC. Así como o mantemento dun orzamento específico para un fondo equivalente e homologable ao actual Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) para garantir a modernización e viabilidade do sector.
Os populares piden tamén, a través da moción que presentan para o seu debate no Senado, que o Goberno de Sánchez faga explícito o compromiso claro en defensa do sector marítimo-pesqueiro reservando fondos para a pesca no seu Plan Nacional Específico equivalentes aos existentes actualmente para España no FEMPA. E a activación de mecanismos de interlocución permanente coas Comunidades Autónomas e co sector pesqueiro español para informar do estado das negociacións, recoller as súas chegas e aliñar a posición de España coas necesidades reais do sector.
O sector afrontou numerosos desafíos nos últimos anos: a necesidade de relevo xeracional, a adaptación a novos estándares medioambientais, a transformación tecnolóxica da flota, o encarecemento dos custos operativos, o impacto do Brexit e a competencia internacional. E, ante estes retos, “require do respaldo decidido dos instrumentos europeos de financiamento coma o FEMPA e dunha dotación orzamentaria suficiente no próximo Marco Financeiro Plurianual (2028–2034)”, segundo defenden os senadores do PP.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



