Insta a Xunta, Goberno central e concello a abandonar a súa “confrontación estéril” e poñerse a traballar para ampliar o IFEVI
Santiago de Compostela, 8 outubro 2025. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou en Vigo o IVE cero para os produtos do mar, tanto frescos como conxelados ou en conserva, co obxectivo de axudar ás familias e ao sector pesqueiro, logo dunha caída do consumo do 24% que atribuíu ao incremento dos prezos e á carestía da vida.
“Igual que se toman medidas para reducir o IVE doutros produtos é estratéxico que se aplique ese IVE do 0% para garantir unha boa alimentación e para apoiar ao sector do mar”, defendeu durante a súa visita á a XXVI Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados Conxemar.
Logo de salientar o importante papel que desenvolve Conxemar na dinamización dun sector “tractor” na economía galega e da propia cidade, Pontón tamén se referiu aos fondos europeos para a pesca e, neste sentido, criticou o exercicio de “cinismo e oportunismo político” das forzas estatais, que din unha cousa en Galiza e fan outra en Madrid e na UE.
A líder nacionalista trasladou así a gran preocupación do BNG polo recorte previsto no orzamento comunitario que suporía “un mazazo para Galiza”, xa que a redución prevista dun 67% nestes recursos sería “dramática” para o País, tendo en conta ademais que a propia Xunta ten recoñecido en moitas ocasións que os fondos europeos supoñen o 80% do orzamento que se dedica ao sector pesqueiro galego.
Por iso, reiterou a posición do Bloque en contra dun recorte que ao igual do previsto en materia social, ten a súa orixe, recalcou, nas políticas belicistas e no incremento do gasto militar e no destinado a armamento. “E nós dicimos claramente que non necesitamos máis bombas nin máis tanques, o que necesitamos é un maior apoio ao sector da pesca, ao sector do mar, que é un sector tractor da nosa economía”, remarcou.
“Está moi ben que en Galiza, cando veñen a visitarnos o Partido Popular e o Partido Socialista digan que rexeitan este recorte, pero non quero deixar de citar o oportunismo político, o cinismo político, porque quen están na Comisión Europea son o Partido Popular e o Partido Socialista europeos”, reprobou.
Neste contexto, emprazou tanto a PP como a PSOE a que “defendan con feitos” en Madrid e ante a UE “o mesmo que din aquí” porque o que Galiza se está xogando, resumiu, é “o apoio a un sector estratéxico” para a súa economía.
Por último, tamén se referiu á necesidade de ampliación do IFEVI, recinto que acolle anualmente a feira internacional de Conxemar. “Non podemos estar continuamente neste déjà vu onde vemos que cuestións que son estratéxicas para a cidade como é consolidar Conxemar para que poida competir fronte a outros eventos internacionais, o que comprobemos é como a confrontación estéril e partidista fai que a cidade non avance”, denunciou.
Nesta liña, trasladou todo o apoio do BNG á ampliación do IFEVI e instou ás distintas Administracións, tanto Xunta, como Goberno central e concello, a antepoñer os intereses de Vigo e de Galiza e poñerse a traballar mana a man “apartando confrontacións estériles” para levar a cabo esa ampliación.
“Nós cremos que esa confrontación é inútil e fai que Vigo perda e o que teñen que facer todas as Administracións desde xa é poñerse a traballar para unha ampliación do IFEVI que sabemos que é necesaria porque esta feira podería ter aínda moita máis repercusión cun incremento dese espazo”, concluíu.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



