Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais recibiron esta mañá no Congreso dos Deputados ao Comité de Empresa de Alcoa e comparten “a preocupación pola falta de compromisos da empresa e do Goberno central”
Lugo, 14 de outubro de 2025. Os deputados do PP de Lugo no Congreso dos Deputados -Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades- recibiron esta mañá aos membros do Comité de Empresa de Alcoa e tras reunirse con eles compartiron “a preocupación pola falta de compromisos da empresa e do Goberno central” polo que “vemos necesario que se convoque con urxencia a mesa de seguimento” para dar solucións a Alcoa.
O deputado lucense, Francisco Conde, destaca que “Alcoa ten que cumprir cos investimentos comprometidos” do mesmo xeito que “o Goberno do Estado ten que garantir a subministración eléctrica ante o risco dun segundo apagamento, así como un prezo eléctrico que nos poña en igualdade de condicións con respecto aos nosos competidores”.
“Pero a realidade é moi distante disto”, lamenta. Na actualidade o Goberno de Pedro Sánchez “está a incumprir con todos os compromisos que asumiu na firma do memorándum coa Xunta” mantendo un prezo eléctrico case tres veces máis caro que en Francia e un 40% respecto a Alemaña.
A estes agravios hai que engadir que tampouco se están a cumprir os compromisos de axudas anunciadas, como tampouco se permitiu o desbloqueo dos parques eólicos vinculados con Alcoa “que anunciara o Señor Gómez Besteiro hai xa dous anos”.
Francisco Conde destaca que o sentir entre os traballadores “é de total impotencia” ao ver como o Goberno central “está a comprimir o futuro da planta e do emprego na Mariña” polo que “seguiremos a demandar no Congreso dos Deputados a reunión inmediata da Mesa de Seguimento para desbloquear a situación”.
SITUACIÓN ACTUAL
O Goberno do Estado segue sen aplicar as bonificacións ás empresas polas compensacións de CO2 “que non cobren a totalidade dos 917M€ que as empresas pode chegar a compensar, polo que os 600M€ que se bonifican na actualidade son claramente insuficientes”.
“A realidade é que o Goberno central mantén bloqueados os parques eólicos de Alcoa, que xa tiñan a DÍA aprobada, así como a inexistencia de medidas para compensar os custes dos servizos de axuste para reforzar o sistema eléctrico e evitar un segundo apagamento, que están a incrementar a factura de familias e empresas”, sinalou.
A esta situación tamén se engade que o Goberno do Estado segue sen aprobar un real decreto lei para garantir a bonificación do 80% das peaxes .



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



