De novo os erros da primeira parte condenan aos mariñanos fóra de Vista Alegre.
Burela, 29 de outubro, 2025. Empeza a Copa do Rei para os nosos Pícaros, que xogaron a 3ª eliminatoria ás 21.30h desta noite de mércores nun derbi provincial no pavillón municipal de Lugo, ante o ADC Lugo Sala. Primeira parte para os locais e segunda para o Burela, aínda que o equipo mariñán non conseguiu finalizar con xeito as numerosas ocasións xeradas durante os últimos 20 minutos.
Comeza presionando o Burela aínda que que o primeiro tiro a porta será do Lugo Salga, un disparo frontal de Torero que se adentra na pista, case ata a área, despexando João Silva esa primeira ocasión. Falta perigosísima no minuto 4, con amarela para Alán, case dende a liña da área que despexa João co peito levándose a segunda amarela do encontro e provocando outra falta igual de perigosa, que volve parar do mesmo xeito. Case fai o primeiro Yago Tenreiro no minuto 4, disparando dende a banda, pero vaise polo fondo rozando o segundo pau. Amarela a Izan en o minuto 5, salvando un balón na área e terceira falta peligrosísima do Lugo dende a liña de penalti, que anota Pansi. Solicita o técnico santiagués tempo morto no minuto 7 tentando poñer orde a un Burela desconcentrado, e chega a primeira ocasión clara dos laranxas no 8, un disparo de Marquinho que se vai por riba do traveseiro. Lánzaa fóra Willy nun segundo disparo dende a área tras un rexeite de João tras un contraataque rápido. Falta perigosa para o Burela no 10, dende a liña de área, que anota Jason fusilando a portería, pero segundos despois chega o 2-1, un tanto de Alán en propia porta. Sae Marquinho de porteiro-xogador no minuto 10 e xera dúas ocasións seguidas que logra salvar Torero. Continúa buscando o empate o conxunto mariñán durante os próximos minutos xerando ocasións que non logran entrar baixo paus. A máis clara do xogo, unha boísima combinación entre os 5 xogadores atacantes que remata Jason desde a área con asistencia de Marquinho pero Torero ten bo día e despexa o balón. Continúa o xogo ofensivo do Burela e dispara Izan no 18 un balón que entraría pola escuadra, volvendo despexala Torero a córner coas mans. Volve tentalo Charly no 19 en pleno xogo de cinco cun disparo afastado que se vai polo fondo rozando o pau. Sae Alberto coa elástica negra continuando co xogo de 5 buscando irse ao descanso con empate sen conseguilo. Últimos segundos para o Lugo Sala que tenta coller vantaxe cun disparo directo tras un saque de banda que se vai por encima do largueiro.
Arrinca a segunda parte con moita posesión do balón do Burela pero moita intensidade por parte do Lugo Sala durante os 20 minutos. A pesar dos intentos dos burelenses, con xogo ofensivo e moitas máis ocasións, no minuto 25 Jose logra anotar o 3-1 cun disparo desde a liña de puntos que se coa entre a defensa visitante. Moitos tiros a porta do Burela continúan durante os próximos minutos, unha de Alán, varias de Charly entre outros intentos dos catro xogadores en pista que logra repeler un inspirado Torero así como bastantes tiros que se van fóra. Sae de novo Alberto con xogo de 5 no 35, continuando cunha segunda parte que practicamente enteira xógase na área local. Case a ten Charly no 36 cun bo pase de Alberto desde a área que remata pero despexa Torero. Dobre amarela a Izan no 37 e expulsión, que deixa ao Burela ante unha falta case desde a liña da área e tres xogadores, pero logra despexar Starna e volve xerar Charly atopándose co porteiro lugués nunha subida rápida a pista contraria. De novo téntao Charly segundos despois, volvendo despexar un inspiradísimo Torero. A pesar da inferioridade o Burela logra sobrepoñerse con outro paradón de Starna no 38 tras un remate desde a propia área dos locais. Logra Alberto o 3-2 a un minuto do final cun disparo ao segundo pau, coa camiseta de porteiro-xogador e case empata Pitero segundos despois noutra boa combinación con xogo de 5, pero chega o cuarto, un tanto de Pablo nunha contra rápida a portería baleira que sentencia o partido deixando fóra da competición ao conxunto burelense.
Ficha Técnica ADC Lugo Sala 4-2 Burela FS
ADC Lugo Sala (4): Torero; Pablo, Yago Tenreiro, Pansi, Isi -quinteto inicial-, Willy, Jose, Bruno, Miguel (C).
Burela FS (2): João Silva; Alán, Jason, Charly, Meira -quinteto inicial-, Alberto, Pitero (C), Izan, Marquinho, Starna (P).
Goles: 1-0, min. 5: Pansi. 1-1, min. 10: Jason. 2-1, min, 10: Alán (PP). 3-1, min.25: Jose. 3-2, min.39: Alberto. 4-2, min. 40: Pablo.
Árbitros: Daniel López López, Rubén Ferrero, Andrea González Pontevedra.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte do conxunto local, Miguel, Willy e Pablo, Por parte do equipo visitante, Jason, João Silva, Izan (AA) que foi expulsado no minuto 37






















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



