O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se acondicionan dous locais de titularidade autonómica para ofrecer a traballadores e usuarios unhas instalacións modernas e eficientes
Vilalba, 27 de novembro de 2025. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a ultimar as obras da nova oficina de emprego de Vilalba, que contan cun investimento de máis de 756.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que se prevé rematar nas próximas semanas para poder incorporar despois o mobiliario e equipamento necesarios. Estímase que o traslado efectivo do servizo poida producirse a principios do vindeiro ano.
A oficina estará situada na rúa das Pedreiras, ocupando dous locais de titularidade autonómica que pertencían ao Instituto Galego da Vivenda e Solo e suman preto de 460 metros cadrados. Non tiveran actividade comercial ou de outro tipo con anterioridade, polo que foi necesario abordar a execución integral de instalacións e subministros.
A nova oficina será máis moderna, eficiente e confortable para as persoas traballadoras e usuarias. Contará con máis espazo para as novas incorporacións de persoal así como con sala de reunións, despacho para orientación laboral, zona de espera, arquivo, almacén ou aseos.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



