Ribadeo, 11 de novembro de 2025. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo impartirá mañá, 12 de novembro, ás 20:15 horas unha charla formativa dirixida a empresas e autónomos, na Aula da Casa da Cultura de Ribadeo (Rúa Vello Pancho, 12). Na cita abordaranse as novidades normativas que entrarán en vigor en 2026.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou: “queremos que os nosos socios e o resto de empresas de Ribadeo dispoñan das ferramentas necesarias para adaptarse a tempo ás novas obrigas legais. Esta charla será unha oportunidade para resolver dúbidas e coñecer de primeira man o que implican as novas normativas, que entrarán en vigor en 2026. Con ela respondemos a unha necesidade clara que desde Acisa Ribadeo cremos que temos, que é a formación continua e o asesoramento ás nosas empresas nas materias que lles afectan de forma directa”.
Cruzado Iglesias lembrou que “seguimos apostando pola formación desde Acisa. Xa o fixemos cos cursos de inglés, de escaparatismo e empaquetado e continuamos mañá con esta charla, que organizamos coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia. Será impartida pola consultora A Mariña Asesores, empresa ribadense asociada a Acisa, con grande experiencia no sector”.
O xerente de Acisa explicou que “baixo o título Novedades normativas 2026: cómo afectarán a tu negocio’, a sesión abordará os principais cambios legais que entrarán en vigor nos próximos meses e que impactarán directamente na xestión dos negocios locais. Os tres principais bloques a tratar son: factura electrónica obrigatoria, pagos e cobros mediante Bizum e rexistro de xornada laboral. A asistencia é gratuíta e está aberta a todas as persoas interesadas, aínda que se recomenda confirmar a participación previamente contactando con Acisa en info@acisaribadeo.es”.
E engadiu: “con esta iniciativa buscamos anticiparnos e preparar o tecido empresarial ribadense ante os cambios normativos de 2026, ofrecendo información práctica e actualizada para facilitar a súa adaptación”.
Nova axuda da Xunta
O xerente do colectivo empresarial ribadense contou que “hai uns días vimos de recibir unha nova subvención da Xunta de Galicia, grazas á que contaremos cun novo traballador durante os próximos nove meses. Esta subvención está destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. O total da axuda é de 16.500 euros, coa que se cobren os custes laborais da persoa traballadora”.
Pérez Prada dixo que “esta nova axuda é de vital importancia para Acisa Ribadeo. No noso día a día hai moitas tarefas e servizos que desenvolver e ás veces non podemos chegar a todo. Con este novo traballador ofrecermos mellores servizos e atención aos nosos socios e socias e axilizaremos o traballo interno de Acisa”.
E finalizou: “o novo traballador incorporarase este xoves, 13 de novembro, e formará parte do equipo técnico de Acisa e, entre outras funcións, encargarase de visitar os negocios asociados para entregar materiais, ofrecerá atención telefónica aos socios e prestará apoio nas tarefas de xestión e coordinación da xerencia. Dende Acisa Ribadeo agradecemos o apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea, e reafirmamos o noso compromiso de seguir mellorando a atención, os servizos e o acompañamento ás nosas empresas asociadas”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



