O deputado Daniel García sumouse á actividade, entre as 200 que se desenvolverán na cuarta edición do programa
Barreiros, 15 de novembro de 2025. O deputado Daniel García achegouse esta mañá á gandería Cid, de Vilamartín Pequeno, en Barreiros, onde se desenvolveu unha das actividades formativas do programa Da Escola á Granxa, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Medio cento de alumnas e alumnos de infantil e primaria do colexio Vista Alegre de Burela participaron na actividade da man da ANPA, unha das 73 asociacións de nais e pais de toda a provincia que se sumaron á cuarta edición do programa.
Da man de Bonet Cid, as nenas e nenos coñeceron o día a día desta granxa familiar de leite, deténdose na alimentación das vacas, no funcionamento da sala de muxido ou no recinto das becerras pequenas, ademais de ensaiar algunhas tarefas no establo.
Daniel García agradeceu “a colaboración que atopamos por parte dos gandeiros e gandeiras que participan no programa, que transmiten un gran entusiasmo e paixón polo que fan e son a mellor cadea de transmisión posible da importancia da actividade agrogandeira, que é a finalidade deste programa”.
O deputado de Rural destacou tamén “a implicación das asociacións de nais e pais, que valoran a posibilidade que o programa ofrece para que as nenas e nenos coñezan o rural real. estamos recuperando o orgullo de ser agricultor e gandeira, rachando con prexuizos arrastrados por xeracións enteiras”.
A cuarta edición do programa Da Escola á Granxa conta coa participación de 45 granxas repartidas por toda a provincia e dedicadas a actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar, a produción de leite ou a elaboración de queixos e marmeladas.
As granxas configuran a oferta formativa do programa, dirixido a anpas de centros educativos de toda a provincia, que reciben financiamento para o desprazamento. O programa pechará a finais de ano cun total de 200 actividades realizadas e a participación de maís de 7.000 alumnos e alumnas de infantil e primaria.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



