Viveiro, 15 de novembro, 2025. O BNG de Viveiro ven de presentar no pasado pleno un rogo interesándose pola demora na licitación dunha empresa de servizos enerxéticos, atraso que lle está a custar miles de euros ao mes ás arcas municipais.
O concelleiro Seve Salgueiro, indicou que “non existe dúbida da urxente necesidade de rachar co actual contrato de subministro eléctrico polo elevadísimo custo que supón, sendo a contratación dunha empresa de servizos enerxéticos a mellor opción para o aforro enerxético e económico. Xa en febreiro, o goberno do BNG tiña avanzado un informe co compromiso de sacar a licitación en xuño, pois quedaban flecos por pechar e, ao ser un contrato dun importe elevado, debería pasar polo Consello Consultivo. Tras a moción de censura, o PP decidiu paralizar este proxecto porque, en palabras do Tenente Alcalde, “non o entende” e “non lle convence”. Pero cando se lle pregunta quen o asesora, non responde. É un despilfarro incomprensible, no lugar de avanzar no proxecto feito, podendo incorporar ou modificar o que estimen convinte, rachan o contrato, encargan outro informe por 6000€ e demoran os prazos malgastando miles de euros ao mes”.
Ante a pregunta do BNG de se o goberno cuantificou o sobrecusto que lle supón esta demora, “non houbo resposta. Nin o saben, pero pode chegar ás cinco cifras. O que está claro é que ao PP dalle alerxia calquer avance do goberno do BNG, e queren eliminalo custe o que lle custe ao Concello. Se algo trae o selo da Xunta, deféndeno aínda que sexa malo para Viveiro. Este Goberno é unha sucursal do PP pensando únicamente no rédito eleitoral.”























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



