Burela, 15 de novembro, 2025. Partido importante para dous equipos que necesitaban recuperar sensacións, conseguindo repartirse os puntos nun encontro cun Burela que inicia despistado tras o primeiro tanto dos locais e que se vai recuperando a medida que avanza o tempo de xogo. Segunda parte claramente dominada polo conxunto mariñán, que logra empatar e perdoa moitas ocasións podendo levar uns tres puntos que se lle resisitieron.
Arrinca o encontro con ocasión para Alberto que se atopa con Juan Zardoya, combinando con Jason nunha subida rápida tras o saque de inicio executado polos burelenses. Continúa presionando o Burela ata o minuto 4 que case encaixa o primeiro, nunha recuperación a media pista do Tafa tras a que Mario remata fóra un rexeite de João provinte dun disparo de Xabier Erviti. Varios intentos de Marquinho e Jason no 7 que non logran traspasar a defensa tafallesa. Tras outra xogada en cancha visitante, David Rial pide tempo morto para ordenar o xogo dos seus pupilos. Tras varios intentos probando o xogo de 5 con porteiro, Mario Sánchez recupera o balón en cancha local e, tras un primeiro intento que detén o porteiro brasileiro, Unai Martínez marca o segundo nun disparo escorado. Téntao o Burela presionando continuo na área rival ata o descanso, sen conseguir coala entre os paus.
Comeza frenética a segunda parte, cun disparo de Izan ao pau no minuto un, volvendo tentalo Jason sacándoa co pé Zardoya e continuando con outro pau, esta vez de Íñigo Amezqueta. Sácaa João coa man segundos despois nunha situación moi perigosa con Jesús Preciado que se vai de Alán e dispara desde a liña da área. Tras un intento errado chega o 2-1, un gol de Alberto, que reconduce un remate de Izan tras un saque de esquina de Meira. No 27 case empata Marquinho cun disparo sorpresa a porta desde case a banda que defende ben o Tafa e sácaa coas mans Zordoya unha vez máis no 28 tras un disparo potentísimo de Jason. Volve sacar João no mesmo minuto tras unha subida rápida do Tafa e disparo de Unai Martínez e lánzaa rozando o pau Martín Fraile tras un saque de banda. Case empata Jason no 32 tras unha boa xogada de Meira na área rival, deixándolla ao xogador catalán que al anza fóra e outra vez un minuto despois non logrando metela baixo paus ao estar na liña de fondo da pista, pero por fin conségueo no 32, nunha boísima xogada individual que finaliza co 2-2. Un minuto despois case a ten Meira que non chega a rematar un balón moi próximo á portería que atrapa Zardoya e outra vez o xogador brasileiro, esta vez lánzaa fóra, tras un bo pase de Jason na área. Levántase o Politécnico de Tafalla nunha recuperación e disparo escorado de Unai a João, que se vai fóra rozando o segundo pau e sae Meira coa elástica negra apostando o técnico santiagués polo xogo de 5 a dous minutos do final. Sae tamén o Tafa con Unai de porteiro xogador usando a mesma estratexia, repetindo ambos equipos este sistema de xogo buscando a vantaxe ata o final do partido sen conseguir anotar e repartindo os puntos desta oitava xornada.
Ficha Técnica Vulcanizados Ruiz Tafa FS 2-2 Burela FS
Vulcanizados Ruiz Tafa FS (2): Juan Zardoya; Xabier Erviti, Mario Sánchez, Íñigo Amezqueta, Unai Crespo – quinteto inicial -, Unai Martínez, Aitor Esquiroz, Jorge Bailón, Martín Fraile, Jesús Preciado, Natxo Pérez, Pablo Echapare, Nefi Gonçalves
Burela FS (2): João Silva; Alán, Jason, Alberto, Izan -quinteto inicial-, Marquinho, Meira.
Goles: 1-0, min. 10: Natxo Pérez- 2-0, min.14: Unai Martínez. 2-1, min. 24: Alberto. 2-2, min.32: Jason.
Árbitros: Cristian Cubero // Diego Sarasua // Mauricio Jhonatan Bravo // Valeria Moreno. Por parte de Tafa FS ha visto la tarjeta amarilla Mario Sánchez. Por parte del Burela, João Silva.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Segunda División Masculina disputado no Politécnico de Tafalla.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



