A actividade contará con entrada libre e gratuíta e está programada no Local Social do Concello a partir das 17:30 horas
Cariño, 18 de novembro, 2025. O Concello de Cariño celebrará este mércores, 19 de novembro, unha timba feminista, unha actividade enmarcada na campaña comarcal ‘De Faro a Faro contra as violencias machistas’. Esta iniciativa, organizada de maneira conxunta polos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira, realízase con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
A actividade consistirá no xogo participativo ‘Feminismos non tempo’, deseñado para situar acontecementos crave do movemento feminista ao longo da historia, fomentando o coñecemento e a reflexión colectiva sobre a loita pola igualdade. A cita terá lugar no Local Social da Casa do Concello a partir das 17:30 horas e conta con entrada gratuíta.
Máis actividades polo 25N
Ademais desta timba feminista, a programación do 25N inclúe outras citas importantes no municipio cariñés. O domingo 23 de novembro levará a cabo unha marcha conxunta contra as violencias machistas en Ortigueira, que se desenvolverá entre as 11:30 e as 13:30 horas. Para facilitar a asistencia, ofrecerase un servizo de autobús gratuíto desde todos os concellos do Ortegal.
Por último, o martes 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, realizarase a lectura oficial do manifesto no Concello de Cariño a partir das 12:00 horas.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



