Ribadeo, 28 de novembro de 2025. O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, aposta por regular a presenza de autocaravanas en todo o litoral e insiste en que Ribadeo xa traballa na súa ordenanza, “que outros poderían copiar”.
O alcalde ribadense sinalou que “eu non lle vou arranxar os problemas que as autocaravanas lle poidan ocasionar a Foz. Eu dixen nun foro da FCAM celebrado hai unhas semanas que todos debemos facer algo para regular a súa presenza nos nosos concellos. Non pode ser que aparquen nas vilas e que despois queden a durmir nos aparcadoiros municipais ou nas propias rúas. Non podemos estar como estamos. Algo haberá que facer”.
O rexedor dixo: “en Ribadeo xa estamos elaborando unha ordenanza. O que pode facer o Concello de Foz é copiar e facer o mesmo. Pero o alcalde está mal informado, debería saber que a zona na que estacionan as autocaravanas en Foz non depende de Portos de Galicia, senón que agora mesmo é cousa de Costas, do Estado. E iso o rexedor de Foz debería sabelo”. Vega insistiu: “a Xunta remitiu xa hai uns meses a Costas do Estado a súa proposta de reversión destes terreos, polo que a partir dese momento é competencia da Administración Xeral do Estado aprobar dita reversión”.
Vega engadiu: “lamento a actitude do alcalde de Foz. É a segunda vez que ven confrontar sen necesidade con Ribadeo. Apareceu un día por aquí cun problema que tiña na residencia da terceira idade do seu concello e agora segue coas autocaravanas, que é un fenómeno que temos en todo o litoral e ao que temos que buscarlle solución”.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



