O edil nacionalista Xorxe Gómez anuncia que introducen unha emenda nos Orzamentos da Xunta 2026 para que se consignen cartos para a ampliación
A Pontenova, 5 de novembro de 2025. “Unha vez máis a Xunta de Galicia e o Partido Popular marxinan e machacan á Pontenova”. Nestes términos manifestáronse os membros da asemblea local do BNG da localidade ante o anuncio da Consellería de Economía e Industria que fixo pública a súa decisión de non investir no polígono industrial da Pontenova para acometer a súa ampliación alegando a falta de demanda de solo. Desde o BNG dubidan da credibilidade desa afirmación da ausencia de demanda, pois a realidade é ben distinta, xa que no pleno do mes de setembro houbo unha posición unánime de todos os grupos políticos, incluído o Partido Popular, para instar e esixir á Xunta de Galicia a Xestur S.A. a executar de forma inmediata a ampliación do polígono.
“O Partido Popular desde as institucións aplica o seu sectarismo contra os concellos donde non gobernan”
“Cónstanos que o concello fixo os deberes en todo o relacionado co polígono, polo que non é de recibo este desplante da Xunta ao noso concello e a todos os veciños e veciñas, e detrás de esto o que vemos unha vez máis é o sectarismo do Partido Popular desde as institucións, castigando aos concellos que non son da súa cor política” afirmou o edil nacionalista Xorxe Gómez Rico.
Na emenda que introducirán o deputado Daniel Castro nos orzamentos, os nacionalista exponen que a demanda de solo industrial por parte das empresas locais é unha constante desde fai anos na Pontenova. Afirman tamén que desde o concello promoveuse un convenio no 2016 coa Xunta para levar a cabo a legalización do polígono e a posterior ampliación no prazo dun ano. Aínda así, unha vez legalizado, Xestur non cumpriu co acordado e non se levou a cabo dita ampliación.
Nos orzamentos autonómicos do 2024 a Xunta incluíu 400.000€ para a ampliación pero tampouco foron executados. No 2025 non se asignaron remanentes para dita obra. Neste senso, a problemática é clara, é urxente a ampliación do polígono para asegurar a continuidade das empresas na Pontenova, velando e fortalecendo o tecido empresarial no rural.
“Agardamos que o Partido Popular rectifique e acepte esta emenda para que a ampliación sexa unha realidade nun futuro inmediato” manifestou o responsable local do BNG Xorxe Macía que afirmou tamén que “o Partido Popular tén que deixar de machacar á Pontenova, porque empezou deixándonos sen médicos no centro de saúde e agora impide o noso desenvolvemento industrial e empresarial



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



