Unha actuación que mellora o confort e a eficiencia dun espazo municipal fundamental para a vida comunitaria
Cervo, 26 de novembro do 2025. O Concello de Cervo vén de poñer en marcha o novo sistema de calefacción da Casa do Mar, coincidindo coa baixada das temperaturas estes días, tras acometer traballos de mellora da eficiencia enerxética cun investimento de 89.746,68 euros, dos cales o 50% foi achegado a través dunha subvención da Xunta de Galicia, mediante o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.
A actuación consistiu na retirada da antiga caldeira de gasóleo, instalada no ano 1990, e a súa substitución por dúas caldeiras en tándem de biomasa (pellets), coa instalación dos correspondentes silos de almacenaxe. Ademais, realizouse unha reforma integral da sala de máquinas, incorporando sistemas de ventilación e regulación máis eficientes, circuladoras de alta eficiencia, contadores de enerxía e medidas de protección contra incendios, todo en consonancia coas esixencias do RITE 2019 e do CTE-DB-SI.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada da concelleira Mali Méndez achegouse ata o edificio para comprobar o funcionamento do novo sistema e destacou que a obra “supón un paso moi importante para mellorar as instalacións da Casa do Mar, reducindo consumos enerxéticos e apostando por unha fonte renovable como a biomasa, que é máis sostible e respectuosa co medio ambiente”.
Durante a visita, a alcaldesa aproveitou para compartir uns intres con membros da asociación Terra Mar, que teñen neste edificio o seu local social e fan uso diario das instalacións, para compartir con eles as primeiras impresións do novo sistema de calefacción, salientando “a importancia de que este tipo de melloras repercutan directamente no confort e na calidade dos servizos que se prestan ás persoas usuarias e ás asociacións que dan vida a este espazo”.
A alcaldesa engadiu tamén que “a Casa do Mar é un espazo fundamental para a vida social de Cervo: nela atópase a escola infantil, celébranse actividades deportivas e culturais, acolle os programas Arruguiñas e Cervo Concilia, e serve de punto de encontro para diferentes asociacións do municipio. Con esta mellora garantimos un servizo máis eficiente e un maior confort para todas as persoas usuarias”.
Con este proxecto, o Concello de Cervo dá un novo paso na súa aposta pola eficiencia enerxética e pola sostibilidade, modernizando un edificio municipal clave e reducindo a súa pegada ambiental.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



