Foz, 14 de novembro de 2025. O Concello de Foz prepara un pleno do mes de novembro con importantes puntos económicos. Entre eles está a conxelación de taxas e tributos para o ano 2026.
A concelleira de Economía e Facenda, Inés López Couto, explica que “ausencia da figura de interventor municipal na maior parte do ano 2024 provocou un retraso no pago das facturas e das subvencións nese exercicio, que condicionou tamén os créditos do exercicio 2025”. Pero destaca que “a situación financeira do Concello de Foz é moi boa. Os gastos do Concello están equilibrados cos ingresos, incluso por debaixo. O traballo agora céntrase en regularizar unha situación sobrevida da ausencia da figura do interventor. Os gastos que non foron feitos efectivos ímolos subsanar cun suplemento de crédito que levaremos ao pleno do mes de novembro, por un importe total de 1,3 millóns de euros. Nesta cantidade inclúense 360.000 euros de facturas conformadas do ano 2024, 77.000 euros pendentes de subvencións a clubs e asociacións do ano 2023, máis de 177.000 euros para as subvencións a clube e asociacións para o exercicio 2025, 21.000 euros para o convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para a informatización da aula de exames e garantir este servizo no noso Concello, máis de 15.000 euros para o arranxo da cuberta do consistorio municipal e máis de 65.000 euros para a cantidade que debe aportar o Concello de Foz para a renovación completa do Campo de Fútbol de Malates -os 250.000 euros restantes son aportados pola Deputación de Lugo-“.
O equipo de goberno e o interventor municipal mantiveron este venres sendas reunións cos grupos municipais do BNG e Partido Popular, aos que lles expuxeron as propostas que se incluirán no vindeiro pleno, que se adiantará previsiblemente ao martes día 26.
A sesión incluirá tamén un punto para o recoñecemento extraxudicial das facturas do 2024, un Plan Económico Financeiro técnico debido a ausencia de persoal técnico no 2024 e a proposta de adxudicación da mesa de contratación da xestión do Ciclo Integral da Auga.
“A redución de gastos para o 2026 froito da adxudicación da auga e o aumento das entregas a conta dos tributos do Estado van a permitirnos conxelar as taxas e tributos para o próximo exercicio, incluso aumentando a inversión. Isto é posible grazas a un traballo serio de regularización nas contratacións, polo cal lles teño que agradecer aos servizos técnicos e persoal do Concello o esforzo realizado. O próximo fito será a elaboración dun novo orzamento para o exercicio 2026. Os datos positivos no económico, no aumento de poboación e de inversións en Foz é moi esperanzador. Somos un concello dinámico económica e socialmente, debemos centrarnos en ofrecer vivenda social para o vindeiro ano, é o noso gran obxectivo”, remata Inés López Couto.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



