
Screenshot
Foz, 27 de novembro de 2025. O Concello de Foz vén de acadar un acordo de gran relevancia institucional entre o goberno local, do PSdeG-PSOE, e o grupo municipal do BNG, que “supón un exemplo de responsabilidade política, diálogo construtivo e compromiso co interese xeral dos veciños”.
Este acordo, subscrito por Francisco Cajoto Caserío (alcalde de Foz e representante do PSdeG) e por Francisco Xavier Fanego Bermúdez (voceiro do BNG de Foz), “permite a aprobación no pleno extraordinario deste xoves 27 de novembro de 2025 de varios expedientes fundamentais para o normal funcionamento da administración local e de compromiso cos clubs, asociacións e empresas que traballan para o normal funcionamento do Concello”.
A través da súa abstención, o BNG de Foz facilitou a aprobación de modificacións de crédito, recoñecementos extraxudiciais e o convenio de colaboración coa UNED de Lugo para o mantemento da aula universitaria.
O goberno municipal quere poñer en valor “este xesto de responsabilidade e a altura de miras do BNG, así como asumir con transparencia as eivas e atrasos que se deron nos procedementos administrativos destes expedientes. O acordo contempla tamén, entre outras e en aras dunha mellora na gobernabilidade, a participación do grupo municipal do BNG nos orzamentos do ano 2026, así como a inclusión de persoal técnico no organigrama municipal ou a definición de 200.000 euros en investimentos”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



