Os días 29 e 30 de novembro, a carpa da praza da Mariña converterase nun espazo de artesanía, comercio local e propostas sostibles
Burela, 24 de novembro de 2025. O Concello de Burela, a través da Concellería de Cultura, organiza os días 29 e 30 de novembro unha nova edición do seu xa tradicional Mercadillo de Nadal, que se celebrará na carpa da praza da Mariña en horario de 10:30 a 20:30 horas.
Este evento, consolidado como unha cita destacada do calendario cultural e social do municipio, contará este ano con máis de 30 participantes entre persoas artesás, asociacións e profesionais procedentes tanto da Mariña como doutras zonas de Galicia. Durante toda a fin de semana, o público asistente poderá atopar artesanía, decoración de Nadal, xoguetes, produtos de elaboración propia, alimentación artesanal, así como unha zona de rastrillo de segunda man, destinada a impulsar a reutilización e o consumo responsable.
A Concellería de Cultura, Lina Gómez, subliña que “este Mercadillo de Nadal é unha oportunidade para dinamizar o centro de Burela e dar visibilidade ao talento e ao comercio local, así como promover alternativas sostibles a través da zona de segunda man”.
A excelente acollida da iniciativa reflíctese no número de participantes. “A resposta da veciñanza foi excelente un ano máis, con máis de trinta participantes inscritos, algo que confirma que o mercadillo xa forma parte da tradición do Nadal en Burela”, sinalan desde o Concello.
Ademais, destacan que “a participación supera un ano máis as expectativas, e contar con xente de dentro e de fóra da comarca enriquece o mercadillo e dálle un carácter aínda máis especial. É unha cita que dinamiza o centro de Burela e que xa forma parte das nosas tradicións de Nadal”.
Durante o desenvolvemento do mercadillo, a Asociación Esperanza colaborará como entidade de apoio e coordinación no recinto, labor que o Concello agradece expresamente pola súa implicación constante nas actividades comunitarias.
Presentación dun libro infantil dun autor burelao
Entre os postos participantes, a cidadanía poderá atopar tamén un espazo dedicado á presentación e venda do conto infantil “Las amigas del espejo”, obra do burelao Alejandro López Álvarez.
O libro narra a historia de Emma e Lúa, dúas nenas que, a través dun espello, emprenden unha aventura que lles permite descubrir o valor de quererse, valorarse e confiar en si mesmas, alcanzando así o tesouro máis importante: a felicidade.
O Concello de Burela invita á veciñanza e visitantes a achegarse á praza da Mariña nesta fin de semana para gozar dun ambiente festivo, familiar e cargado de espírito navideño.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



