Os concelleiros populares sinalan tamén que a semana pasada o problema tamén afectou aos veciños de San Pedro de Benquerencia: “Cómpre garantir a salubridade do subministro en todo o municipio”
Barreiros, 22 de novembro de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros fanse eco das numerosas queixas recibidas nos últimos días polo estado no que sae a auga pola billa, “totalmente turbia e cun aspecto totalmente insalubre”, principalmente na parroquia de San Miguel.
O voceiro municipal popular, José Manuel Gómez Puente, explica que foron moitos os veciños desta parroquia os que se puxeron en contacto co Grupo Popular para denunciar o estado no que sae a auga da traída municipal polas billas das casas, queixas que se produciron despois de moitos días acumulados nos que a auga xa estivo a saír sucia, o que supón xa varias xornadas consecutivas con este problema. “A situación xerou preocupación entre a veciñanza, que non ten ningún tipo de información por parte do goberno local do BNG”, criticou.
Este problema de turbidez da auga afecta de maneira especial á parroquia de San Miguel, aínda que a semana pasada tamén houbo incidencias similares na parroquia de San Pedro de Benquerencia.
Os concelleiros populares esixen á alcaldesa, Ana Ermida, que explique publicamente a orixe do problema, que fixeron dende o goberno local para dar unha solución ao mesmo, así como os pasos que deben seguir todos os veciños ante esta situación. “Garantir a seguridade e salubridade da auga é prioritario agora mesmo, a alcaldesa non se pode agochar”, afirmou.
























Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



