Os socialistas instan á Xunta a atender as emendas aos orzamentos de 2026 e a investir en proxectos clave en infraestruturas, sanidade, educación e servizos públicos
Lugo, 22 de novembro de 2025. O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se celebrará o martes, dúas mocións coas que insta á Xunta de Galicia a asumir responsabilidades pendentes coa provincia. Por unha banda, o PSdeG reclama ao Goberno galego que atenda as emendas socialistas aos orzamentos de 2026, que recollen actuacións urxentes para a provincia de Lugo en materia de sanidade, educación, infraestruturas e benestar social. Por outra, solicita o recoñecemento da capacidade do Campus de Lugo para impartir os cursos clínicos do Grao de Medicina.
Atención ás emendas aos Orzamentos da Xunta
A primeira das iniciativas presentada polo Grupo Provincial Socialista pon o foco nos Orzamentos da Xunta para 2026, que cualifican de “profundamente decepcionantes para a provincia de Lugo”. Os socialistas advirten de que proxectos como o Porto Seco de Monforte, a VAC Costa Norte ou a Rolda Leste “entran e saen do debate en función dos intereses do PP”, mentres continúan sen executarse.
Segundo denuncian, as contas autonómicas volven amosar un claro “descoñecemento das necesidades reais da provincia”, ignorando obras pendentes, promesas incumpridas, problemas estruturais da sanidade rural e escolas “sen mestres de apoio e obrigadas a pechar especialidades”. Ante esta realidade, as emendas socialistas recollen un mapa detallado das necesidades da cidadanía lucense, especialmente da que vive no rural.
As propostas do PSdeG abranguen actuacións en infraestruturas viarias, sanidade, educación e benestar social, cunha petición global de 82 millóns de euros de investimento real, fronte a partidas que a Xunta “non executa, utiliza de forma partidista ou paraliza segundo lle convén ao PP”.
A voceira provincial, Pilar García Porto, subliña que “en Lugo falta investimento, falta compromiso e sobra sectarismo e partidismo por parte da Xunta”. E engade que “é imprescindible que o Goberno galego estude e atenda as necesidades da provincia incluídas nas emendas socialistas, garanta a execución das partidas prometidas e mostre sensibilidade ante reclamacións que nin sequera requiren unha inxección directa de fondos”.
“O PSdeG mantén un compromiso firme co desenvolvemento da provincia, reclamando os investimentos que Lugo precisa, con independencia da cor política dos gobernos de Santiago ou Madrid”, engadiu García Porto, salientando que “a provincia non pode seguir agardando por proxectos que levan décadas pendentes de vontade política”.
Recoñecemento da capacidade formativa do Campus de Lugo
A segunda moción lembra que, tras o interese das universidades da Coruña e Vigo en abrir novas facultades de Medicina, a Xunta e a USC acordaron descentralizar os cursos clínicos (4º, 5º e 6º) mantendo unha única facultade en Santiago. Neste contexto, o PSdeG reclama que se considere a capacidade do HULA, do seu persoal sanitario e do Campus de Lugo para formar alumnado de Medicina “nos mesmos termos que se fai coas universidades de Vigo e da Coruña”.
Neste sentido, os socialistas consideran imprescindible que, antes de tomar unha decisión definitiva, a Xunta e a USC “ofrezan información e consulten ás institucións, aos profesionais sanitarios, ás organizacións sociais e á cidadanía de Lugo, porque tamén temos algo que dicir ao respecto”.
Así mesmo, apuntan que o Campus de Lugo conta con capacidade para absorber o alumnado previsto e que este recoñecemento “reforzaría o papel do Campus de Lugo como referente académico e sanitario, situando a provincia nun lugar central na formación dos futuros profesionais da medicina”.
Pilar García Porto explica que as dúas mocións teñen un mesmo fondo: “reclaman que a provincia de Lugo deixe de ser a gran esquecida da Xunta e pase a ocupar o lugar que lle corresponde tanto nos orzamentos coma no sistema universitario e sanitario galego”. E engade que “sen investimentos reais e sen recoñecer a capacidade formativa do Campus de Lugo e do HULA, é imposible garantir igualdade de oportunidades e un futuro con prosperidade para esta provincia”.
Porto conclúe asegurando que o Grupo Provincial Socialista “seguirá defendendo con firmeza que Lugo conte cos recursos, os servizos e o recoñecemento que merece”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



