O voceiro popular, Javier Castiñeira, denuncia que o rexedor “trasladou información falsa tanto á cidadanía como aos representantes dos clubes e asociacións cos que se reuniu o pasado sábado”
Foz, 24 de novembro de 2025. O Partido Popular de Foz denuncia que o alcalde está enganando deliberadamente á cidadanía sobre o suplemento de crédito que pretende aprobar e reclama unha xestión económica “transparente e responsable”
O voceiro popular, Javier Castiñeira, denuncia que o rexedor trasladou información falsa tanto á cidadanía como aos representantes dos clubes e asociacións cos que se reuniu o pasado sábado. “O pasado sábado foi o primeiro en pedir desculpas e, acto seguido, volveu mentirlles aos representantes dos clubes e das asociacións. Iso é gravísimo”, afirma.
O PP explica que o alcalde está mentindo por motivos moi concretos.
En primeiro lugar, porque di que o suplemento non pode dividirse, cando sabe que é totalmente posible. Segundo Castiñeira, “o alcalde repite que non pode dividir o suplemento de 1,3 millóns, e iso é mentira. Pode facelo pero non quere, porque ao separar os gastos queda exposta a súa xestión: 360.000 euros de 2024 con reparos de intervención e 926.000 euros en facturas sen informar do 2025”.
En segundo lugar, porque está usando aos clubes e asociacións como escudo político. “Dilles que non poden cobrar os convenios e subvencións se non aprobamos tamén as facturas irregulares. Usa ás entidades como presión para tapar os seus erros. Iso é enganar conscientemente á xente”, denuncia Castiñeira.
En terceiro lugar, porque oculta que toda esta situación existe só por culpa do goberno local. Para o PP, o alcalde tamén engana cando culpa á oposición: “Non fixeron os orzamento de 2025, gastaron sen autorización e agora queren que aprobemos todo xunto. E aínda por riba culpan aos demais. Iso tamén é enganar” continúa o voceiro do PP.
E, por último, porque tamén enganou aos empresarios, contratando servizos sen ter crédito para pagalos. Castiñeira destaca outro punto que o alcalde non conta: “Enganou tamén aos empresarios: contratou servizos sabendo que non tiña crédito autorizado para pagalos. E agora dálle a volta e pretender botarnos a culpa ao PP ou ao BNG. Iso é intolerable. Non se pode contratar un servizo e logo non poder pagalo. Iso é enganar e prexudicar directamente ás empresas de Foz”.
TRES BLOQUES DE GASTOS QUE DEBEN SEPARARSE
Tanto o PP como o BNG solicitaron dividir o suplemento en tres partes:
360.000 euros en facturas de 2024 con informes desfavorables e reparos.
926.000 euros en facturas sen informar do 2025.
Subvencións e convenios aos clubes, que o PP defende que se aproben por separado e de inmediato.
O voceiro popular afirma que “mesturar convenios con facturas irregulares é unha fraude política. É enganar á xente a propósito”.
O Partido Popular reitera que está disposto a aprobar no vindeiro pleno, que se celebra mañá, un suplemento específico para pagar as subvencións e convenios pendentes. “Se quere pagar aos clubes e asociacións, pode facelo xa. O que non imos permitir é esconder facturas irregulares detrás deles”, remata Castiñeira






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



